Automatización dos procesos de extracción de gases nun taller de soldadura

 
 
 
Familias profesionais:
  • Electricidade e electrónica
  • Fabricación mecánica
  • Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador:
  • CIFP Ferrolterra
Centros colaboradores:
  • IES Urbano Lugrís
Entidades colaboradoras:
  • Gayca Ferrol, S.C.
  • IELEC Industria e Electricidade, S.L.
Obxectivos:
  • Aumentar o grao de protección das persoas usuarias dun taller de soldadura ante fugas de gases comprimidos (osíxeno, argón, acetileno e CO2)
  • Automatizar a extracción de gases para mellorar a súa eficiencia enerxética coa modulación da capacidade de extracción de gases do sistema
  • Realizar unha instalación no centro educativo que permita aos alumnos traballaren con equipamentos avanzados e facilite a súa empregabilidade
Síntese do proxecto:

Deseño e execución da automatización dunha instalación de extracción de gases dun taller de soldadura para aumentar a eficiencia enerxética e a seguridade no taller. Utilízanse sensores de presenza para controlar o grao de ocupación das cabinas e un autómata e variador de frecuencia para regular a capacidade de aspiración do sistema. Para a vixilancia de fugas de gases empréganse detectores cunha central ligada ao autómata.