Como todos os anos por estas datas, o cole inúndase dunha marea morada que pretende "arrasar" esta lacra social que tanto nos avergonza.
Nesta ocasión, o equipo de biblioteca achegou unha proposta de traballo empregando a canción "BÁGOAS NA PEL", do grupo "Volta e dalle", como lazo comunicativo para toda a comunidade escolar. Os primeiros cursos encargáronse de escribir nuns círculos sobre o respeto entre xéneros e os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º, prepararon as distintas palabras que conforman o retrouso.
Tamén mostramos o traballo das compañeiras de cuarto curso de E.P que fixeron este fermoso mural para concienciarnos da importancia deste día. A súa vez, aproveitaron para recordarnos os dereitos dos nenos e nenas.
Agardamos que o resultado vos guste tanto como a nós.