O CHALANO 2021/2022

PALABRAS CON ENCANTO

Durante este ano escolar ese foi o noso lema, "Palabras con encanto"; con el tratamos de resaltar a importancia das palabras a través da música, da fala, dos libros e  dos recordos. Voltamos acadar un ano cheo de actividades lúdicas e didácticas que seguen a demostrar que en equipo as cousas saen moito mellor.

 

 

A operiña

Hoxe, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, foi a estrea da nosa operiña, proxecto no que leva inmerso o alumnado de cuarto curso xa dende o ano pasado.

Hai máis de un ano chegaba a proposta da Fundación Bal y Gay de facer unha ópera na que participase alumnado de Primaria. Con cantantes da Escola Superior de Canto de Madrid, actrices da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, músicos de primeiro nivel que a Fundación xuntou para ocasión e a dirección de Javier Fajardo o proxecto podemos dicir que foi todo un éxito. A nosa versión de "As vodas de Fígaro" fíxose realidade e non podemos estar máis felices.

Grazas a todas as persoas que o fixeron posible, en especial ao noso alumnado que tanto traballou.

 

 

 

 

5º fai surf

O noso alumnado de 5º pasou un día estupendo aprendendo surf e outras actividades acuáticas.

Cuarto visita Sotavento e o Museo Etnográfico Monte Caxado

O alumnado de 4º viaxou a Sotavento e o Museo Etnográfico Monte Caxado. Velaquí un vídeo resumo da excursión:

Semana da Educación Viaria

A pasada semana conmemoramos a Semana da Educación Viaria facendo un circuito no pavillón, ao que o alumnado puido traer os seus patinetes. Alí tiñan que respectar os sinais de tráfico a risco de que lles puxeran multas. Gozamos e aprendemos!

Exposición de traballos escolares no CENIMA de Foz

No CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), na localidade de Foz, están expostos desde o pasado venres os traballos dos centros escolares participantes na exposición que dá continuidade á xa rematada sobre Quique Guerra, autor homenaxeado este ano.

 

                          

O noso centro participa colaborativamente coa EEI San Roque nun traballo sobre as emocións. Cada clase da EEI San Roque elaborou un cadro sobre unha emoción diferente, ao mesmo tempo que o noso alumnado de terceiro ciclo facía nas clases de música unha composición musical que evocase a devandita emoción. Así, atopamos composicións artísticas sobre o medo, a tristura, a ledicia, o amor ou a calma. Ao lado de cada cadro hai un código QR para que as persoas visitantes podan escoitar a composición. 

 

 

 

Ademais das nosas obras pódense ver os traballos de colexios e institutos, dos que vos deixamos aquí unha pequena mostra fotográfica.

Cámaras

Os dous edificios do colexio están decorados dende xa hai un tempo coas cámaras que fixo o alumnado para a actividade que logo formou parte da exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña. Unha vez rematada a exposición, o traballo da cámara xigante e os negativos tamén viñeron á entrada do edificio grande.

Grazas a alumnado e familia pola participación masiva na actividade!

Visita á granxa-escola Ría del Eo

O alumnado de 1º e 2º viaxou á granxa escola Ría del Eo, en Castropol, onde realizou múltiples actividades como pan, xabón, plantacións e, por suposto, os contactos cos animais e a natureza.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e, premendo na fotografía inferior, tedes a galería de imaxes.

 

Actuacións na exposición da Microrrede

Dentro dos actos da exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña estivo unha doble actuación do noso centro. A nosa particular Biblioreta (Rebeca) contou o conto de Maruxa a todo o público, aquí vos deixamos un pequeno resumo:

Logo, o alumnado de 1º cantou dúas cancións para que, despois, Biblioreta narrase o conto "Nica a Canica", do compositor Josu Elberdin, ao que o noso alumnado lle puxo música cantando dun xeito estupendo, como podedes ver no seguinte vídeo:

Xogos populares

O alumnado acolleu con moito entusiasmo a xornada do pasado venres, na que preparamos un circuito de xogos populares. Despois de ter que ser adiada en dúas ocasións chegou o momento de divertirse e xogar!

                            

Distribuir contido