LEMBRANZAS DO SAMAÍN

Aínda lembrando o que foi o Samaín para o cal se decoraron os espazos do noso centro. Pronto irán tomando novas formas. Contos, disfraces, debuxos,...

Exposición de cabazas

Grazas a todas as familias e alumnado participande na marabillosa exposición de cabazas deste ano. Espectacular!

Feitos insólitos...

As cámaras de seguridade do colexio detectaron uns movementos estraños que compartimos con vós. Sempre nestas datas ocorren cousas do máis sorprendentes...

SORTEO PARA FORMACIÓN DA XUNTA ELECTORAL

O xoves día 3 de novembro ás 12:00 h farase o sorteo público, na Secretaría do centro, para designar un mestre/a, un pai/nai ou titor legal e un representante do persoal de servicios que formarán parte da Xunta Electoral.

Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

A efectos da organización do procedemento de elección, constituirase en cada centro docente unha Xunta Electoral.

A Xunta Electoral, integrada polo Director, un mestre, un pai/nai ou titor legal e un representante do persoal de Administración e Servizos, é o órgano encargado de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

Algunhas das funcións da Xunta Electoral son:

1. Aprobar, publicar  e custodiar os censos electorais.

2. Establecer o calendario electoral.

3. Ordenar o proceso electoral.

4. Resolver as reclamacións presentadas.

5. Solicitar representante ANPA.

6. Solicitar representante concello.

 

Día das Bibliotecas

O noso alumnado de primeiro ciclo celebrou o Día das Bibliotecas no CEP Lois Tobío con resolución de mensaxes secretas e creación de pulseiras con Biblioreta como protagonista. Día perfecto!

 

SuperArte no Lois Tobío

O IV certame de teatro feito por persoas con diversidade funcional "SuperArte" ten lugar en Viveiro do 17 ao 23 de outubro e, este ano, pasou de visita por centros da zona para falar ao alumnado sobre as enfermidades raras, un tema que foi do interese do alumnado, que participou activamente no obradoiro.

Deixamos nas seguintes imaxes a testemuña da súa visita e tamén o programa completo de actividades.

 

Moitas grazas!

 

 

 

 

CONCURSO NA BIBLIOTECA

Na nosa biblioteca hai un concurso en marcha para a creación da mascota para o proxecto deste ano: "Ás para crear". O alumnado de cuarto, quinto e sexto votará cal das mascotas seleccionadas será a protagonista do proxecto. Pódense ver todas as propostas premendo na seguinte imaxe:

                                       

 

 

Ampliación de axudas para adquirir material escolar

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que amplía as axudas para adquirir material escolar para aqueles alumn@s que xa recibiron 50€. Dito alumnado obterá agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional. Poderedes recoller o cheque adicional o martes ou o mércores 16 a18 horas e deberá empregarse preferentemente na libraría/ establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

PREME AQUÍ PARA VER A NOVA NA PÁXINA DA CONSELLERÍA

O ALUMNADO DE SEGUNDO EN RADIO CLÁSICA

O noso alumnado de segundo gravou durante as pasadas semanas un programa para o programa infantil de Radio Clásica "Crescendo". Durante o programa falaron de Chicken Reel, unha obra composta por Leroy Anderson e que deu moito xogo nas clases. O traballo deu os seus froitos e o resultado foi estupendo. Parabéns ao noso alumnado!

Podedes escoitar o programa premendo na seguinte imaxe: 

                                   

VISITA DE CACHARELA

Onte recibimos a visita da Asociación Cultural Cacharela, que nos mostrou en que consiste a súa actividade e convidou a todo o alumnado a coñecer algo máis sobre a música e baile tradicionais. As fotografías e vídeos dan boa fe de que o alumnado se implicou na actividade.

Grazas!

Distribuir contido