CONTACTOS DO CENTRO

CONSERXERÍA: 982870944

SECRETARÍA: 982870943

XEFATURA DE ESTUDOS: 982870943

DIRECCIÓN: 982870942 (9:35 a 10:30)

COLEXIO PEQUENO: 982870941

CORREO ELECTRÓNICO: cep.lois.tobio@edu.xunta.gal

 

DATAS A TER EN CONTA

02  de xullo _____ listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas para os vales e o préstamo de libros.
03 e 04 de xullo _____ reclamacións 
05 de xullo_____ listaxe definitiva de solicitudes cos libros asignados.
9 de xullo (  10:00 a 14:00 h )  entrega de  libros e, se é o caso, de vale para adquisición de material escolar. 

Estas listas serán publicadas no taboleiro de anuncios do Colexio

 

Vídeos despedida de sexto

Outro ano máis que despedimos ao alumnado que supera a etapa de primaria e pasa ao instituto. Como lembranza, velaquí uns vídeos. Xa vos botamos de menos!

 

Entrevista á organización do Resurrection Fest en Radio Tobío

Hoxe, o noso alumnado tivo a oportunidade de entrevistar a Iván e a Sete, parte da organización do Resurrection Fest que chega a Viveiro a vindeira semana. Velaquí o resultado:

 

 

 

 

 

 

Entrevista a Pablo Rodríguez

O ex xogador de fútbol viveirés e actual membro do corpo técnico do Aston Vila, Pablo Rodríguez, respostou durante unha longa entrevista ao alumnado do colexio varias cuestións relacionadas co seu traballo e a súa vida. Grazas, Pablo, por colaborar con nós e a nosa radio.

 

 

 

ALBÚM EXCURSIÓN DE SEXTO CURSO 23/24

Queridas familias de sexto neste albúm iremos cargando as imaxes da excursión de fin de curso deste ano no camping Praia paisaxe do Grove.

Esperamos que as disfrutedes.

OLIMPÍADAS DE SEGURIDADE VIARIA

O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA GAÑA AS I OLIMPÍADAS NACIONAIS ESCOLARES DE SEGURIDADE VIARIA EN NARÓN

O xoves 9 de maio os escolares de 5º de primaria desplazáronse a Narón nun bus pagado polo concello para participar na I Olímpiada Nacional de Seguridade Viaria.

Foi unha xornada intensa logo duns meses de duro traballo por parte dos nenos, as familias e as mestras.

Vamos deixarvos aquí a entrevista que nos fixerón na Cadena Ser onte día 14 de maio.

 

PARABÉNS RAPACES!!

 

 

SERVIZO DE MADRUGADORES

 

O vindeiro martes día 9 de abril vai a comenzar a funcionar no centro o servizo de madrugadores

 

1. XUSTIFICACIÓN

 Xustificación do servizo de ampliación de horario de apertura:

 

·Incrementamos a oferta de servizos do centro educativo.

 

·Optimizamos o uso das instalacións do centro.

 

·Ofrecemos un servizo de atención aos alumnos/as, con personal adecuado e cualificado, fora da xornada do centro.

 

·Trátase dun servizo que favorece a conciliación familiar.

 

· É un servizo demandado polas familias.

 

 

2. USUARIOS

 Todos o alumnado do centro.

 

3. ESPAZOS

 O programa de madrugadores levarase a cabo no ximnasio interior do centro, trátase dunha aula amplia, para así poder realizar xogos e actividades cos nenos/as.

 

   HORARIO

 

   O horario comeza as 07:30 e finalizada as 09:20

 

   Os alumnos irán directos para as aulas.

 

4. RECURSOS PERSONAIS

Trátase dunha actividade xestionada pola ANPA, o colexio so facilita as instalacións.

 

       El alumnado estará vixiado por un coidador/a con posibilidade de ampliar si aumenta o número de nenos/as.

 

5. NORMAS DE FUNCIONAMENTO

 

 a)Levárase a cabo dende as 7:30 ata as 9:20

 

b) Contará cun seguimiento diario dos alumnos que asisten a este programa.

 

c) A recepción e entrada dos alumnos/as llevarase a cabo polas portas principais do centro.

 

d)NON se pode deixar a ningún neno/ano patio e niguén poderá sair do recinto escolar unha vez que entren.

 

e) Cada alumno acudirá co seu almorzo.

 

 

 


CUSTO DO SERVIZO

      PROGRAMACIÓN POR SEMANAS

 

 

8 Marzo 2024

O pasado venres conmemoramos a data do 8 M, todo o alumnado do colexio participou neste video reinvindicando a igualdade de xénero.

SALVAR VIDAS

O pasado día 8 de marzo , tivemos a dúas super mamis , que ademas son enfermeras e viñeron a darnos unha charla aos máis peques do cole, para ensinarnos a forma de como axudar a salvar vida.

GRACIAS CIRA E SONIA!!

Distribuir contido