VISITA DO APALPADOR

O alumnado de primeiro recibiu hoxe unha visita moi especial. O Apalpador visitou o colexio para contarnos o conto "A castaña máxica". Tamén nos agasallaron cunha canción sobre o Apalpador. O noso pequeno alumnado devolveulles o agasallo cantándolles unha panxoliña.

 

Grazas aos residentes e encargados da Residencia DomusVi por esta visita.

                     

 

                     

O CORO DO CENTRO NA INAUGURACIÓN DO BELÉN XIGANTE DE VIVEIRO

O coro infantil do CEP Lois Tobío, que botou a andar a mediados do pasado outubro con 30 nenas e nenos do centro, ofrecerá a súa primeira actuación o vindeiro día 5 de decembro co gallo da inauguración do Belén xigante no adro da Igrexa de Santa María. Agardámosvos alí con toda a ilusión!

                                           

25N

O pasado venres conmemoramos a data do 25N deseñando actividades por aulas e creando dous murais que agoran lucen que cada un dos edificios do centro. Cada aula pegou os seus paxaros nos murais para facer unha obra colaborativa.

Deixamos un pequeno album ao que iremos engadindo fotografías:

                              

Novembro: Mes da Ciencia en Galego

Rematou novembro e con el o Mes da Ciencia en Galego. No cole celebrámolo con retos, actividades e experimentos utilizando programación de utensilios como Scratch e Makey Makey.

A derradeira semana do mes celebramos a nosa semana da ciencia no que cada curso tiña preparado un intercambio con outro para amosar os seus descubrimentos. 

Velaquí un vídeo:

Desafíos de ciencia

Xa temos dispoñibles os desafíos da nosa Semana da Ciencia. Premendo na seguinte imaxe iredes accedendo a eles! Lembrade que se trata dun desafío diario.

                                 

MES DA CIENCIA EN GALEGO

En novembro celebramos, entre outras cousas, o mes da ciencia en galego e xa estivemos preparando diferentes experimentos en todas as aulas utilizando os compoñentes recén adquiridos de Makey Makey programados con Scratch: instrumentos con froitas musicais, mapas que falan, planetas que din o seu nome ou regras que fan sons son algunhas das sorpresas que nos agardan a vindeira semana, cando nos xuntaremos por clases para explicar os experimentos aos demais cursos.

Paralelamente haberá, como en anos anteriores, retos diarios en liña para ir resolvendo. Desexando que chegue xa a vindeira semana!

                           

2º coñece un pouco máis Viveiro

O alumnado de 2º desafiou hoxe con éxito ao mal tempo e, acompañados por Lucas Requeijo, deu un paseo por lugares emblemáticos da vila coñecendo un pouco máis o noso concello e a súa historia. Deixamos por aquí un pequeno vídeo e un album de fotos como testemuña.

 

 

MAGOSTO 2022

Canto botabamos de menos as festas conxuntas. Grandes e pequenos unidos, neste caso, para celebrar o Magosto no colexio. Peóns, xogos de goma, grupo de gaitas e percusión tradicional e, como non, castañas!

Grazas a todo o profesorado e alumnado que tanto traballou, e ás familias que mandaron as castañas para asar. Pasamos unha xornada especial!

No vídeo podedes ver a festa que se montou!

Ademais, un album cunhas poucas fotos premendo na seguinte fotografía:

 

Por último, o baile do espantallo, hai canteira:

Rap en terceiro

En terceiro de primaria puideron gozar coa actividade ofrecida polo Departamento de Normalización Linguística para realizar un rap en galego coa axuda de Juanma Lodo e Esther Carrodeguas. Unha primeira sesión con Juanma para coñecer as caixas de ritmos e efectos, outra con Esther para elaborar as rimas e letras e finalmente a gravación final.

Pronto recibiremos os resultados das gravacións.

No seguinte vídeo temos un resumo dos momentos vividos. Moitas grazas pola visita!

CLUB DE LECTURA NO LOIS TOBÍO

Xa está en marcha o Club de Lectura no colexio. Creouse un novo blogue para que esteades ao tanto de todas as actividades. Podedes entrar premendo na imaxe da marxe dereita da nosa web.

 

Animádevos a participar!

 

Distribuir contido