Certame de Poesía Infantil Nadal 2022

Despois de que xa hai case un mes se anunciaran os gañadores e as gañadoras da fase local do Concurso de Poesía de Nadal 2022 resultando premiados por parte do noso alumnado Anne López Ferraz (categoría A, ata 8 anos) e Ashley Michelle Montera Barrero, Lucía Sanjurjo Iglesias e Inés Mariño Gómez (categoría B, de 9 a 12 anos) recibimos a nova de que Anne recibiu un accesit na fase provincial do concurso. Parabéns a Anne e ao resto de participantes. A seguir creando!

 

                                               

 

                            

Venres de Antroido

Deixamos por aquí un album de fotografías da xornada de onte, album que iremos completando con aportacións que aínda nos están a chegar. Ademais un vídeo resumo.

                                         

 

Seguridade viaria

A Asociación Ancas veu impartir unhas charlas sobre seguridade viaria ao alumnado de cara a poder implementar os Camiños Seguros no centro. Para iso tamén levaron unha breve enquisa sobre a aituación actual para ter claras as vías de actuación futuras.

                             

O Meco manda...

Coma cada ano seguiremos os mandados do Meco durante toda a semana. Na seguinte imaxe podedes ver todos os mandados ata o xoves, xa que o venres será a hora dos disfraces!

                                             

Vídeo resumo IV Carreira solidaria

Velaquí o vídeo resumo da IV Carreira Solidaria do centro. 

Grazas pola colaboración de alumnado e familias.

Por un erro na gravación non sae a totalidade do alumnado pero agardamos que o vídeo sexa representativo da xornada que vivimos ese día.

Entrega de produtos á Cruz Vermella

Este pasado xoves o alumnado do centro entregou todos os produtos recadados na IV Carreira Solidaria ao persoal da Cruz Vermella que repartirán entre as familias coas que traballan.

Grazas a todo o alumnado e familias pola súa xenerosidade. Nas seguintes fotos podedes ver a enorme cantidade doada. Grazas.

                             

                             

                                    

Doazóns para a Carreira Solidaria

Grazas á solidaridade do noso alumnado e as súas familias comezan a tomar forma os nosos recunchos solidarios con alimentos e produtos de primeira necesidade que serán doados á Cruz Vermella con motivo da nosa Carreira Solidaria que será (só se o tempo o permite) o vindeiro luns 30 de xaneiro.

GRAZAS!

                                       

 

                           

 

                           

RESULTADOS RAP TERCEIRO

                                                         

 

Lembrades que os dous cursos de terceiro fixeron un Rap? Contámovolo no seu momento aquí

Pois xa nos enviaron os resultados e son inmellorables!

Na seguinte páxina poderedes escoitar os do noso alumnado (os dous primeiros) e o de resto de centros polos que pasou a "xira escolar" do programa Rapeando.

https://juanmalodo.bandcamp.com/album/rapeando-obradoiro

PRESENTACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

O vindeiro día 30 de xaneiro celebraremos, co gallo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, a nosa Carreira Solidaria. 

Moi pronto colgaremos toda a información pero, polo momento, alumnado de segundo explica en que consiste esa carreira lembrando a edición anterior.

FELICES FESTAS

Dende o CEP Lois Tobío desexámosvos unhas moi felices festas de Nadal!

Distribuir contido