Xa está dispoñible o vídeo do Ourencanto 2023, no que participou parte do noso alumnado e que terán con este vídeo un recordo do seu paso polo certame. |
|||
Esta fin de semana vivimos dous eventos moi especiais relacionados coa música nos que tivemos a sorte de poder participar: O venres ás 20:30, na igrexa de San francisco, o alumnado de primeiro e segundo tivo a oportunidade de cantar xunto á orquestra de corda do conservatorio. Foron tres cancións preparadas nas aulas que logo puxeron en común nun concerto que case encheu a igrexa. Ao día seguinte, o sábado, unha boa parte do noso coro viaxou a Allariz para facer un concerto xunto aos coro da Escola Municipal de Música de Allariz e o coro Cantiga, de Ourense. Ademais do concerto, o coro tivo a oportunidade de visitar o Museo do Xoguete Galego e tamén visitar a fermosa vila de Allariz. Un fermoso día de música e convivencia. |
|||
O equipo de Dinamización da Lingua Galega propuxo un concurso de microrelatos que remata hoxe e no que a persoa gañadora verá publicado o seu relato na revista escolar "O Chalano". Animádevos! |
|||
|
|||
A Asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, visitounos no colexio o pasado mércores para falarnos, cuns modelos moi especiais, da indumentaria tradicional galega. Ás carpetas de recortables editadas pola asociación aportamos, desde o centro, a actividade con recortables a tamaño natural e un "photocall" onde o alumnado poderá facer a fotografía "vestidos" co traxe tradicional. Falaron, ademais, da exposición que haberá no Salón Multiusos do Concello sobre os diferentes traxes tradicionais galegos. Asistiremos a dita exposición despois da boa acollida que tivo entre o alumnado a actividade. Grazas sempre a Bágoas da Terra!
|
|||
Hoxe, día 8 de maio ás 18:30, inaugúrase a exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña, da cal forma parte a nosa biblioteca. Dende o noso centro participamos co traballo "Ás para crear", no que cada aula ten un cubo con información sobre unha das aves que habitan temporal ou definitivamente a nosa contorna. Invitámosvos a pasar pola sala multiusos do Concello de Viveiro calquera día de luns a xoves e visitar a exposición ou calquera das ofertas do programa de actividades que van asociadas a ela: LUNS 08/05/2023 ACTO DE INAUGURACIÓN 18:30h
MARTES 09/05/2023 18:30h
MÉRCORES 10/05/2023 18:30h
XOVES 11/05/2022 12:00h no teatro Pastor Díaz
ACTO DE CLAUSURA 18:30h
|
|||
Informamos de que o próximo luns día 8 de maio estará aberto o prazo de solicitude das Becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. BENEFICIARIOS - Alumnos con NEAE derivadas de discapacidade. - Alumnos con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH). - Alumnos con Trastorno Grave da Conducta. - Alumnos con Trastorno Grave da Comunicación e da Linguaxe. - Alumnos con Trastorno do Espectro Autista (TEA). - Alumnos con Altas Capacidades.
REQUISITOS 1. Ter cumpridos os dous anos de idade o 31 de decembro de 2022. 2. Estar escolarizado nun centro da administración educativa competente no momento de presentar a solicitude, cursando algúns do niveis educativos especificados na Resolución.
3. Acreditar a NEAE mediante: - Certificado de discapacidade de, polo menos, o 33% nos casos dos alumnos con discapacidade. - Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación no caso de alumnos con Trastornos Graves da Conducta e Trastornos Graves da Comunicación e a Linguaxe. - As familias que sexan familia numerosa deberán acreditar tamén esta condición.
Os alumnos con TEA deberán, ademais, aportar un certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.
COMO SOLICITALA? As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na seguinte ligazón: https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886
ONDE ENTREGALA? Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo en formato PDF e presentalo xunto coa súa sinatura e a dos membros computables da familia no centro educativo onde o alumno estea matriculado o vindeiro curso 2023 – 2024. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde o 08/05/2023 ata o 20/09/2023, ambos inclusive.
ONDE PODO CONSULTAR O ESTADO DA MIÑA TRAMITACIÓN? A información sobre o estado da tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es/portada.html no apartado “Mis expedientes”. Así mesmo os interesados poderán dirixirse á Unidade de Becas de Lugo identificándose como interesados no expediente co NIF ou NIE correspondentes. Toda esta información poderá consultarse na Resolución da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2023/2024. Neste anterior documento tamén se poderán consultar os umbrais de renda e patrimonio que forman parte dos requisitos económicos das familias solicitantes así como as clases de contías e subsidios aos que poden optar. Información máis resumida nesta ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html Nesta convocatoria inclúese tamén o subsidio extra de 400€ por gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo. Son de contía fixa e finalidade xeral e poderá ser percibido por tódolos solicitantes que reúnan os requisitos dos artigos 2 e 3 de dita convocatoria. |
|||
Onte instaláronse no centro nove paneis dixitais interactivos para todas as aulas de 1º, 2º, 3º e 4º. Son paneis de 75 polgadas en resolución 4K con teclado toucpad inalámbrico, webcam e altofalantes integrados. Veñen substituír os antigos proxectores, pizarras dixitais, ordenadores de aula e altofalantes, xa que teñen integrado todo no mesmo dispositivo. Seguro que lles daremos moi bo uso! |
|||
|
|||
Esta fin de semana 14 nenas e nenos do noso colexio participaron no evento Ourencanto, no que 445 participantes encheron o auditorio de Ourense de música vocal. Baixo a dirección de Josu Elberdin tiveron unhas longas e cansas xornadas de ensaio que pagaron a pena co resultado do concerto final. Grazas ás persoas participantes e as súas familias que tanto esforzo fixeron viaxando. Agardamos que pagase a pena! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
![CEP Lois Tobío RSS Distribuir contido](/centros/ceploistobio/misc/feed.png)