Fin de semana moi musical no Lois Tobío

Esta fin de semana vivimos dous eventos moi especiais relacionados coa música nos que tivemos a sorte de poder participar:

O venres ás 20:30, na igrexa de San francisco, o alumnado de primeiro e segundo tivo a oportunidade de cantar xunto á orquestra de corda do conservatorio. Foron tres cancións preparadas nas aulas que logo puxeron en común nun concerto que case encheu a igrexa.

                          

Ao día seguinte, o sábado, unha boa parte do noso coro viaxou a Allariz para facer un concerto xunto aos coro da Escola Municipal de Música de Allariz e o coro Cantiga, de Ourense. Ademais do concerto, o coro tivo a oportunidade de visitar o Museo do Xoguete Galego e tamén visitar a fermosa vila de Allariz. Un fermoso día de música e convivencia.