Benvidos
( Espazo reservado para avisos de alerta meteorolóxica )
CURSO 2020/2021
ADMISIÓN - RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS
CURSO 2021/22
Seguindo as indicacións que establece a Lei 2/2006 do 3 de maio de Educación e a normativa de
admisión de alumnado, todo o alumnado de 6º de educación primaria que queira continuar estudos
no centro adscrito IES VILAR PONTE deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o
curso 2021/2022 (modelo ED550A).
O prazo está aberto dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (ambos inclusive) e as
solicitudes poderanse presentar en papel na secretaría deste centro ou na aplicación
"admisionalumnado" (é preciso ter chave365 ou certificado dixital).
En caso de separación ou divorcio a solicitude deberá vir asinada por ambos proxenitores.
A publicación das listaxe será a partir do 28 de febreiro no taboleiro de anuncios na entrada do colexio.
PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O
ALUMNADO DE PRIMARIA
Orde do 6 de novembro de 2020 polo que se regula o procedemento de distribución de
máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria e secundaria (Publicada no
Está publicada no taboleiro do patio a listaxe provisional de admitidos no proceso de
distribución de máscaras para o curso 2020/2021. O periodo de reclamacións remata o
mércores 2 de decembro.
Podedes pasar polo centro a recoller as máscaras para os nenos. O horario de recollida será:
Luns 11 de xaneiro: de 16 á 18 horas
Martes 12 de xaneiro: de 17 á 19 horas.
Prégase respetedes as normas que afectan ao uso de máscaras e distancia social.
Moitas grazas
22 DE DECEMBRO 2020
Dende a biblioteca fannos unha proposta moi interesante de recomendacións de todo tipo: lecturas, música e cine.
Non deixedes de botarlle un ollo.
https://tobiobiblio.blogspot.com/2020/12/recomendacions-nadal.html
Vémonos dentro duns días.
Apertas para todos.
NADAL 2020
Benqueridas familias:
Estamos a piques de rematar un primeiro trimestre que comenzamos cargados de ilusión. Tanto
os nenos como os mestres, e imaxino que as familias en xeral, a pesar do medo que tiñamos,
botábamos moito de menos o noso o día a día no colexio, o estar xuntos e poder mirarnos ós ollos.
Pasamos uns primeiros días cheos de novas normas e novas rutinas, pero temos uns nenos e nenas
que son verdadeiros campións, están a facelo tan, tan ben que dende o centro non podemos máis
que felicitalos e darvos as gracias por remar xuntos neste camiño estraño.
Para estes días de vacacións que nos esperan dende o día 23 ata o 7 de xaneiro, queremos
mandarvos unha mensaxe cargada de fermosas notas musicais e as voces dos nosos alumnos.
(pinchade na imaxe)
EXPOSICIÓN DE XOGUETES CON MATERIAL RECICLADO
Ola a todos/as!!!
Estamos rematando o primeiro trimestre e xa nos quedan poucos días para as vacacións do Nadal.
Dende a biblioteca, con motivo da celebración do Nadal, queremos facer unha exposición de XOGUETES FEITOS CON MATERIAL RECICLADO.
Tedes toda a información no blog da biblioteca.
Magosto
O venres día 6 celebramos o magosto no cole saíndo ao patio a comer as nosas castañas, cumplindo en todo
momento o protocolo marcado.
Mércores 4 de novembro:
Un ano máis, dende a biblioteca do colexio, seguimos a traballar cos apadriñamentos lectores, pero este ano, como temos que evitar xuntarnos con outras clases, os/as padriños/madriñas e afillados/as enviámonos mensaxes en formato video. Desfrutade deles.
Unha aperta.
HORARIO
Poden chamar ao teléfono de secretaría 982 870943 para concertar cita
Información para familias de 1º ciclo
Información para familias de 2º ciclo
Información para famillias de 3º ciclo.
En relación ao protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, o equipo COVID do CEP Lois Tobío elaborou este plan de adaptación para o noso contexto:
Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021.
No caso de producirse novidades, estaremos atentos para informar. Esta versión actualizada pretende ser un documento sobre o que poder traballar e realizar achegas e melloras. Calquera membro da comunidade educativa pode realizalas enviando un correo a cep.lois.tobio@edu.xunta.gal.
COMEDOR ESCOLAR 2020/21
As listas provisionáis serán publicadas o luns 20 de xullo e a lista definitiva publicaráse en setembro despois de abrir plazo de reclamacións e informar e ser aprobada polo consello escolar.
Todos os que solicitaron plaza no comedor foron incluidos na lista provisional. Estamos a espera dun protocolo de comedor para saber como se vai a desenvolver este durante o próximo curso.
Colexio Lois Tobío / Viveiro
Curso 2019 / 2020
19 de Xuño
Remata un curso estraño.
Hoxe estaríamos no teatro vendo o recopilatorio de imaxes do curso, facendo merendas no
parque, chorando por despedirnos de compañeiros e mestres.....
Pero non vamos a quedar sen ter un día especial, así que, aquí vos queda o xornal deste año,
cargado de imaxes e emocións.
Bo Verán a todos/as.
Aviso da Biblioteca ás familias
Moitos/as de vosoutros/as tedes nas vosas casas algún préstamo da biblioteca ou mochila viaxeira,
queríamosvos pedir de novo a vosa colaboración para a recuperación dos mesmos.
Aproveitando que tendes que facer a devolución dos libros de texto, pedímosvos que, ao mesmo tempo, nos
acerquedes os préstamos da biblioteca ou mochilas viaxeiras.
Os pasos a seguir son:
- Datas de entrega: do 22 ao 30 de xuño
- Horario de entrega: de 10 a 13 horas.
- Como entregar o material da biblioteca?: dentro dunha bolsa co nome do alumno/a que fai a entrega e o curso.
Como aconteceu na segunda avalliación, as notas serán cargadas na aplicación abalar o día 19 de
xuño.
Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020 da Dirección Xeral de Educación para o
desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019/2020, os criterios que se seguiron para
elaborar a cualificación da evaluación ordinaria son:
Procedementos:
-Observación sistemática dos traballos realizados.
- Valoracións dos traballos realizados.
-Recopilación dos materiais que van enviando os alumnos.
Instrumentos:
- Rexistro individual das tarefas entregadas a traves dos diferentes medios: Classdojo,
videoconferencias, mensaxería Abalar, correo electrónico, chamadas telefónicas,etc
A cualificación final do trimestre:
Será a media das avalicións anteriores tendo en conta o instrumento de avaliación utilizado, para
poder subir un punto máis (tal e como se establece nas instrucións da Consellería de Educación
Universitaria e F. Profesional do 27 de abril de 2020 poderán ser avaliadas as actvidades
realizadas no 3o trimestre, sempre e cando se fagan de xeito positivo), xa que neste terceiro
trimestre as actividades son de reforzo, repaso e recuperación .
Este punto repartirase da seguinte maneira:
0,5 ao alumnado que entregue todas as tarefas propostas.
0,5 máis a todo o alumnado que a entregue dentro dos prazos e se
manteña vinculado ao centro.
PARA OS/AS ALUMNOS/AS DE SEXTO QUE VAN A CURSAR 1º DA ESO NO IES VILAR PONTE
Dado que nestes días non se pode facer a visita que todos os anos levábamos a cabo cos/as alumnos/as de 6º
curso para que coñeceran o seu futuro centro, dende o instituto facilitáronnos un documento con información
interesante e consellos para facilitar aos nenos e nenas esta transición. Moitas grazas.
Grazas pola vosa colaboración
PARA OS NENOS E NENAS DO CEP LOIS TOBIO TEMOS UNHA
MENSAXE MOI ESPECIAL
Belén, a nosa compañeira intérprete de lingua de signos está a facer uns videos nos que estamos a aprender un montón de cousas sobre a comunidade xorda:
Video: Curiosidades sobre as persoas xordas
Video: a comunicación coas persoas xordas.
Video: sensibilización sobre a xordocegueira
Video: Dia Nacional das linguas de signos españolas.
Video: Signos e frases variadas
---------------------------------------------------------------
