Primeiro ciclo

SALVAR VIDAS

O pasado día 8 de marzo , tivemos a dúas super mamis , que ademas son enfermeras e viñeron a darnos unha charla aos máis peques do cole, para ensinarnos a forma de como axudar a salvar vida.

GRACIAS CIRA E SONIA!!

APALPADOR DOMUS VI

Como  de costume, todos os anos polo Nadal, visitanos o Apalpador de Domus Vi cos seus axudantes!!

É unha delicia pasar tempo con vós!! Grazas por facer aos nenos/as de 1º tan felices. Esperamosvos para o seguinte ano.

Roteiro por Viveiro co trasno de San Roque

O noso alumnado de 1º ciclo fixo un roteiro por Viveiro, co trasno de San Roque o cal nos amosou moitas rúas e moitas fachadas adicadas ao xénero femenino.

Grazas trasno moito aprendimos de ti!!!

VISITA DE ADEGA

Os nosos nenos/as de 1º E.P tiveron a visita da asociación " ADEGA"  fixeron e pintaron unhas xardineiras super chulas!!

Son uns e unhas artistas!!

 

Segundo na Radio Nacional

O alumnado de segundo participou no programa de Radio Clásica "Crescendo" como xa veu facendo o cole nos pasados cursos.

Podedes escoitar o programa premendo na seguinte imaxe:

                                                      

Canción en linguaxe de signos

O noso alumnado aprendeu a signar a canción: "Os terrores favoritos". O resultado foi inmellorable. A gozar!

Maxia con Kiko Carrolo

Hoxe o alumnado de primeiro ciclo tivo a sorte de desfrutar dunha sesión de maxia a cargo de Kiko Carrolo. Maxia, humor e fantasía que encheron de sorrisos a aula durante unha hora.

Grazas Kiko polo teu bo facer! Inesquecible!

 

CONXUNTO DE GUITARRAS NO COLEXIO

O alumnado de primeiro ciclo tivo a sorte de pasar un rato con un dos conxuntos de guitarra do Conservatorio. Chechu e Antonio, os mestres, visitaron o colexio para tocar co conxunto formado exclusivamente por alumnado do noso centro. Así, Antón, Blanca, Jairo, Maya, Rodrigo e Sabela fixeron a ledicia dos máis pequenos tendo que tocar cancións extra debiso ao éxito da actividade.

Grazas ao Conservatorio de Música e ao noso alumnado pola iniciativa!

 

Visita do noso futuro alumnado

O pasado mércores vivimos un día moi especial coa visita do futuro alumnado que se incorporará ao centro dende a EEI San Roque. 

Xogos populares, visita ás dependencias do centro e mesmo unha obra de teatro ofrecida polo noso alumnado de 1º e 2º.

Grazas pola visita e ata o curso que vén!

                               

O Sistema Solar

Grazas a todo o alumnado e familias que, espontaneamente, fabricáchedes esquemas, dioramas, xogos... co estudo nas clases do Sistema Solar. Hai verdadeiras obras de artesanía...

                                

Distribuir contido