Primeiro ciclo

Debuxos Día de Rosalía

Uns fermosos deseños polo Día de Rosalía...

                             

Antroido no 1º ciclo

                                      

Vídeo titorial disfraces primeiro ciclo

Traballos do noso alumnado polo Día da Paz

O noso alumnado traballou moito e ben para as actividades arredor do Día Escolar pola Paz: letras coloreadas, plastelina ou as pulseiras feitas en impresora 3D foron algunhas delas.

                                    

PRESENTACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

O vindeiro día 30 de xaneiro celebraremos, co gallo do Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, a nosa Carreira Solidaria. 

Moi pronto colgaremos toda a información pero, polo momento, alumnado de segundo explica en que consiste esa carreira lembrando a edición anterior.

Día das Bibliotecas

O noso alumnado de primeiro ciclo celebrou o Día das Bibliotecas no CEP Lois Tobío con resolución de mensaxes secretas e creación de pulseiras con Biblioreta como protagonista. Día perfecto!

 

O ALUMNADO DE SEGUNDO EN RADIO CLÁSICA

O noso alumnado de segundo gravou durante as pasadas semanas un programa para o programa infantil de Radio Clásica "Crescendo". Durante o programa falaron de Chicken Reel, unha obra composta por Leroy Anderson e que deu moito xogo nas clases. O traballo deu os seus froitos e o resultado foi estupendo. Parabéns ao noso alumnado!

Podedes escoitar o programa premendo na seguinte imaxe: 

                                   

Visita á granxa-escola Ría del Eo

O alumnado de 1º e 2º viaxou á granxa escola Ría del Eo, en Castropol, onde realizou múltiples actividades como pan, xabón, plantacións e, por suposto, os contactos cos animais e a natureza.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e, premendo na fotografía inferior, tedes a galería de imaxes.

 

Actuacións na exposición da Microrrede

Dentro dos actos da exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña estivo unha doble actuación do noso centro. A nosa particular Biblioreta (Rebeca) contou o conto de Maruxa a todo o público, aquí vos deixamos un pequeno resumo:

Logo, o alumnado de 1º cantou dúas cancións para que, despois, Biblioreta narrase o conto "Nica a Canica", do compositor Josu Elberdin, ao que o noso alumnado lle puxo música cantando dun xeito estupendo, como podedes ver no seguinte vídeo:

Contacontos en 1º e 2º

Onte, o alumando de 1º e 2º coñeceu a Érika, unha contacontos que, vestida de camareira, deunos a escoller un menú que  ía aparecendo en varias cartolinas de cores e que, entre conto e conto, aproveitou para falarnos de nutrientes. Cada tipo de nutriente tiña un conto asociado e mesturamos entretemento con coñecemento. 

 

                                  

Distribuir contido