Primeiro ciclo

Visita á granxa escola de Belelle

A visita do noso alumnado de primeiro ciclo á granza escola de Belelle deixou, ademais dun día moi especial, moitas fotos para o recordo. Velaquí as tedes premendo na foto:

                                                                  

Fin de semana moi musical no Lois Tobío

Esta fin de semana vivimos dous eventos moi especiais relacionados coa música nos que tivemos a sorte de poder participar:

O venres ás 20:30, na igrexa de San francisco, o alumnado de primeiro e segundo tivo a oportunidade de cantar xunto á orquestra de corda do conservatorio. Foron tres cancións preparadas nas aulas que logo puxeron en común nun concerto que case encheu a igrexa.

                          

Ao día seguinte, o sábado, unha boa parte do noso coro viaxou a Allariz para facer un concerto xunto aos coro da Escola Municipal de Música de Allariz e o coro Cantiga, de Ourense. Ademais do concerto, o coro tivo a oportunidade de visitar o Museo do Xoguete Galego e tamén visitar a fermosa vila de Allariz. Un fermoso día de música e convivencia.

                                             

Contacontos en Primeiro Ciclo

Hoxe tivemos con nós ao contacontos e debuxante Benxa. Con el pasamos un cacho moi agradable contando contos con todas as súas historias e debuxos. Unha mañá ben aproveitada!

 

                             

Día da Educación Física na rúa

O pasado abril celebramos saíndo fóra do centro o Día da Educación Física na rúa e velaquí un vídeo da actividade. 

Photocall do traxe galego

Velaquí o vídeo do photocall sobre o traxe galego que fixo o alumnado de primeiro ciclo:

 

Lecturas na Praza II

Despois de primeiro curso, o pasado venres foi a quenda de segundo. Xuntámonos co alumnado de 6º de Ed. Infantil da EEI San Roque e escoitamos o conto que traían preparado: O home de papel. Despois chegou o noso momento e interpretamos un conto musical que agardamos que lles gustase moito ao alumnado do San Roque.

Desexando novas xuntanzas coma esta!

                              

Lecturas na praza I

Como xa fixemos o ano pasado, retomamos pola primavera o intercambio de lecturas de poemas na praza co alumnado da EEI San Roque, alumnado adscrito ao noso centro.

Este martes o alumnado de primeiro xuntouse co alumnado de 5º de Educación infantil e alí intercambiamos versos. 

No noso caso acompañados de música cos poemas "A señora abella" e "Dos bichos" que soaron na praza para as nenas e os nenos da EEI San Roque e para toda a xente que se achegou por alí.

O vindeiro martes será o alumnado de segundo o que irá á ofrecer as súas historias ao alumnado de 6º de Ed. infantil.

                           

Vídeos polo 8-M

Pola conmemoración do 8-M temos uns vídeos do blogue da biblioteca que paga a pena ver. Podedes acceder a eles premendo na imaxe:

              

Matheo e as motos

Aquí temos a Matheo, na TVG, falando da súa afección polas motos e as carreiras. O noso alumno de 2º de Primaria xa ten unha longa tradición familiar coas carreiras que parece que Matheo está disposto a continuar:

                             

Semana da Prensa

Traballos pola Semana da Prensa en Primeiro curso:

                                       

Distribuir contido