Visita á granxa-escola Ría del Eo

O alumnado de 1º e 2º viaxou á granxa escola Ría del Eo, en Castropol, onde realizou múltiples actividades como pan, xabón, plantacións e, por suposto, os contactos cos animais e a natureza.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade e, premendo na fotografía inferior, tedes a galería de imaxes.

 

Actuacións na exposición da Microrrede

Dentro dos actos da exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da Mariña estivo unha doble actuación do noso centro. A nosa particular Biblioreta (Rebeca) contou o conto de Maruxa a todo o público, aquí vos deixamos un pequeno resumo:

Logo, o alumnado de 1º cantou dúas cancións para que, despois, Biblioreta narrase o conto "Nica a Canica", do compositor Josu Elberdin, ao que o noso alumnado lle puxo música cantando dun xeito estupendo, como podedes ver no seguinte vídeo:

Xogos populares

O alumnado acolleu con moito entusiasmo a xornada do pasado venres, na que preparamos un circuito de xogos populares. Despois de ter que ser adiada en dúas ocasións chegou o momento de divertirse e xogar!

                            

Contacontos en 1º e 2º

Onte, o alumando de 1º e 2º coñeceu a Érika, unha contacontos que, vestida de camareira, deunos a escoller un menú que  ía aparecendo en varias cartolinas de cores e que, entre conto e conto, aproveitou para falarnos de nutrientes. Cada tipo de nutriente tiña un conto asociado e mesturamos entretemento con coñecemento. 

 

                                  

O horto vai medrando...

O horto está a dar os seus froitos a unha velocidade considerable, tamén é certo que os coidados que lle da o alumnado non merece menos. Onte tocou regar...

                                         

Microrrede de Bibliotecas escolares da Mariña

Despois destes anos de ausencia debido á pandemia volve, se cadra con máis forza, a exposición da Microrrede de Bibliotecas Escolares da que o noso colexio é parte. 

Na sala multiusos do Concello de Viveiro podedes ver os traballos de todos os colexios participantes coa participación activa das familias.

No noso caso trátase da obra "As verbas traen lembranzas", unha montaxe na que unha xigantesca cámara é acompañada duns negativos que conteñen os cento sesenta códigos QR que nos fixestes chegar coas palabras que ás persoas maiores da familia lle traían recordos da súa nenez.

A inauguración foi hoxe día 9 e contou coa participación musical de "Amigos do Folk". A exposición estará aberta ata este venres 13. Nos vindeiros días haberá actuacións dos propios colexios e tamén dos grupos colaboradores do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Sen ir máis lonxe, o noso alumnado de primeiro participará na tarde do xoves.

Animádevos a visitala!

 

                                 

5º coñece o Camiño do Mar

Xa vén de lonxe o traballo no colexio sobre o Camiño do Mar. Hoxe, o alumnado de quinto, tivo a oportunidade de ir dende Pénjamo ata a ponte da Misericordia pasando por diferentes lugares que mostran a pegada do camiño na nosa vila.

Durante un par de horas falamos de botánica, topónimos, ecoloxía e, por suposto, do Camiño do Mar da man dun peregrino actual (Lucas) e unha peregrina antiga (Noela). Grazas a ambos pola aprendizaxe que nos ofreceron.

 

                                    

Lecturas na Praza

O pasado venres, o alumnado de primeiro curso foi ata a Praza Maior para participar na actividade "Lecturas na Praza" xunto ao alumnado de 6º de ed. infantil da EEI San Roque. 

O alumnado do San Roque contounos dúas fermosas lendas locais (O pozo de Piago e A cova do Santo de San Roque) e nós contámoslles (e cantámoslles) o conto "Nica a canica". 

Unha fermosa actividade que, de seguro, repetiremos no futuro!

(Máis imaxes premendo na foto).

 

 

                              

Día da educación física na rúa

O pasado mércores, o alumnado de primeiro e segundo trouxo os seus patinetes (grazas a todas as familias pola vosa colaboración) e puxo rumbo á praia de Covas para celebrar o Día da Educación Física na Rúa, unha actividade que ten entre os seus obxectivos o uso de xogos con material de refugallo, e iso mesmo foi o que fixeron na praia.

Un día diferente e para lembrar!

Premendo na imaxe tedes o album completo e a continuación un vídeo da actividade.

 

Toupiciencia no cole

"Toupiciencia" chegou ao noso colexio para o alumnado de segundo.

Na seguinte fotografía tedes o acceso á ligazón do blogue da biblioteca onde se ve un pequeno resumo da actividade.

 

                                              

Distribuir contido