Exposición de traballos escolares no CENIMA de Foz

No CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), na localidade de Foz, están expostos desde o pasado venres os traballos dos centros escolares participantes na exposición que dá continuidade á xa rematada sobre Quique Guerra, autor homenaxeado este ano.

 

                          

O noso centro participa colaborativamente coa EEI San Roque nun traballo sobre as emocións. Cada clase da EEI San Roque elaborou un cadro sobre unha emoción diferente, ao mesmo tempo que o noso alumnado de terceiro ciclo facía nas clases de música unha composición musical que evocase a devandita emoción. Así, atopamos composicións artísticas sobre o medo, a tristura, a ledicia, o amor ou a calma. Ao lado de cada cadro hai un código QR para que as persoas visitantes podan escoitar a composición. 

 

 

 

Ademais das nosas obras pódense ver os traballos de colexios e institutos, dos que vos deixamos aquí unha pequena mostra fotográfica.