try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Quinto

Quinto de primaria

Sintaxe: conxugamos

O venres chegou unha nova nasa de Sintaxe a clase! Tamén veu a que xa coñeciamos, a das clases gramaticais, pero desta vez para centrarnos no verbo e no pronome. A segunda nasa é a da conxugación verbal e iso foi o que comezamos a facer...conxugar verbos en presente. Seguimos avanzando!

Mochila Viaxeira para Carlota

Carlota tamén se animou a repetir mochila viaxeira probando a que non levou a primeira vez. Que a desfrutes, Carlota!

Roi e o seu acordeón

Onte Roi volveu traer o seu acordeón a clase. Tiñámolo pendente desde había moito tempo, queriamos escoitalo de novo e ver canto avanzara nestes meses. Desta vez estivemos na biblioteca e Roi, ademais de tocar varias pezas, comezou preguntándonos sobre o que nos contara a primeira vez, para ver se nos lembrabamos: partes do acordeón, como se facía soar... Pillounos por sorpresa!

Presentacións: o que nos interesa

Rematamos a exposición das presentacións de Castelán. Canto aprendemos sobre temas tan interesantes e tan diferentes entre si. Bo traballo, rapaces e rapazas! Seguimos...

O CRA de Rianxo visita Máis ca leña

Estamos recibindo a visita de todas as escolas do CRA de Rianxo a Máis ca leña. Agradecemos o interese dos/as compañeiras do CRA que sempre apoian este proxecto e todas as iniciativas de defensa e coidado do noso monte e da natureza. Gústanos moito compartir a experiencia con nenos, nenas e profes de escolas veciñas e atopar entre eles, amigos/as, familia, antigas profes...

Xornada Xogade no CEIP Ana Mª Diéguez

O mércores participamos nunha xornada de convivencia deportiva cos compañeiros/as de 4º, 5º e 6º do CEIP Ana Mª Diéguez. Toda unha mañá de xogos en equipos, desfrutando do deporte e facendo novos amigos e amigas. Fantástico! Que ben o pasamos!

Obradoiro de vídeo xogos

O pasado martes estivo na nosa clase Carlos Ces, que é o Informático do Concello de Rianxo. Veu impartir un obradoiro de creación de vídeo xogos. Foi moi interesante e moi divertido. En dúas sesión aprendemos a comezar a crear xogos de balde, coas mesmas funcionalidades de moitos dos xogos comerciais que nos gustan. Encantounos! Seguiremos fedellando e aprendendo. Grazas, Carlos!

Xurxo Souto: embaixador de Rock in Rian

O venres pasado gravamos con Xurxo Souto no Auditorio de Rianxo. Xurxo é o embaixador de Rock in Rian no Brea Segade. Os "embaixadores/as" de Rock in Rian é unha iniciativa para achegar o festival e as músicas en galego aos nenos/as e mozos/as de Rianxo. Participamos no proxecto os centros de Primaria e Secundaria de Rianxo, cada quen co seu embaixador/a e cun tema musical diferente.

Plan de rescate

Esta semana tivemos un encontro na biblioteca con Antía Yáñez, a autora de Plan de rescate, un dos libros do noso itinerario lector. Tras a lectura do libro, que nos encantou, e como preparación para o encontro, elaboramos uns libros con lapelas con información sobre Antía e a obra. Quedáronnos moi ben e a Antía gustáronlle moito.

                                                                                           

Distribuir contido