try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Quinto

Quinto de primaria

Charla sobre o acoso escolar

O xoves pasado tivemos un obradoiro sobre prevención do acoso escolar impartido por Alba, traballadora social no Concello de Rianxo. Estivemos reflexionando e falando sobre que é o acoso e que papel desempeñan cada unha das persoas que interveñen nel. Moi interesante e moi a ter en conta no noso día a día. 

Día de Rosalía

Este venres celebramos o Día de Rosalía. Ao longo da semana fixemos moitas actividades para coñecer mellor a súa vida e a súa obra: lemos e recitamos poemas, creamos viñetas, practicamos para gravar na radio, fixemos flores de papel... O venres xuntámonos todo o cole para recitar a Rosalía e tomar o caldo de gloria. No blogue da BBS tedes toda a información. 

Máis invertebrados

Seguimos aprendendo sobre os invertebrados coas exposicións das presentacións que elaboramos antes de Entroido. Aínda quedan algunhas por compartir. 

Mochilas Viaxeiras

As Mochilas Viaxeiras marcharon pasar o Entroido nas casas de Breixo e Carlota. 

Venres de Entroido

Aquí están os hip hopers de 5º!

 Este venres houbo moita música, moita festa e moitas larpeiradas no cole. 

Comezamos cun obradoiro de instrumentos musicais:

Hip Hop

Este Entroido todo o cole disfrazouse de estilos musicais e a clase de Quinto fomos de Hip Hop. Estivemos escoitando temas de hip hop, coñecendo grupos, revisando a estética dos hip hopeiros para preparar os nosos disfraces e elaborando algún accesorio.  Deixamos case todo listo o xoves, aínda que a volta do Entroido remataremos un proxecto de Hip Hop que temos a medias. Seguiremos informando...

Invertebrados en pixama e con pelos tolos

Toribio deixouno claro, e unha vez no cole tiñamos traballo que facer... en pixama. 

Continuamos coas presentacións dos invertebrados, que seguen a ser estupendas, ben elaboradas e ben presentadas. 

Con sombreiro

E así foi! En 5º e en todo o cole houbo unha chea de gorros divertidos. Risa

Nas cubertas da catedral

Rematamos o día visitando as cubertas da catedral de Santiago de Compostela. Encantounos!

                                                                                           

Distribuir contido