try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Proceso de Adminisión

PROCESO DE ADMISIÓN

1 ao 20 de Marzo

Información ás familias

Instrución para a reserva de praza en centro de adscrición

INSTRUCIÓNS PARA RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA EN CENTROS DE ADDSCRICIÓN

CURSO 2O24-2025

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado no menú:

Solicitudes>Reserva>Crear

Primeiras medallas do programa Xogade

Na proba de cros celebrada no campo da Alta, a Pobra, o noso centro gañou as súas tres primeiras medallas. Parabéns a todo o noso alumnado pola súa participación e esforzo e, uns parabéns especiais a Carlota, Breixo e Xairo polas súas medallas. Queremos máis!

Magosto e Samaín no cole

Magosto e Samaín no Brea Segade 

PREME NA FOTO

Lida Cao no Brea Segade

Mural de Lidia Cao no noso patio. Como mola iniciar o curso así. Grazas a Lidia, ao colectivo Vila do Mar e ao Concello de Rianxo.

Información inicio do curso

Información Inicio do curso escolar.

2023/2024


- Informamos que o venres día 8 de setembro haberá reunión de titorías coas súas familias, nos seguintes horarios. De 10 a 11 cursos de 3º e 4º. De 11 a 12 cursos de 1º e 2º. De 12 a 13 cursos de 5º e 6º.

Obras no Brea Segade

 

Durante o mes de agosto levaranse a cabo obras no Brea Segade. Xa se cambiaron as ventás dos baños e nas próximas semanas vaise reformar a cuberta do Madison. Estamos desexando ver o resultado. Seguiremos informando.

Boas novas!

O próximo curso, un pequeno burriño vai trotar por Campo Maneiro. A nosa manda medra grazas ao grande traballo dos nosos compañeiros e compañeiras de Fousas ao Monte.

Parabéns, Paquita! 

 

Renovando a páxina web

Durante o mes de agosto, estamos de obras no cole, recuperando espazos que estaban algo deteriorados, e dándolle nova vida a outros infrautilizados. 

Na nosa web, -unha xanela aberta a toda a comunidade escolar- estamos tamén de obras, coa intención de poder mostrar todo o traballo que aquí realizamos. Agardamos, ademais, que sexa un espazo útil para o noso día a día na xestión administrativa do centro.

                                                                                           

Distribuir contido