try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

ANPA

Benvidx á sección da ANPA da web escolar. Aquí atoparás información sobre quen somos, a nosa actividade e como podes unirte e participar.

Aviso legal e Política de privacidade da ANPA CEP Xosé Mª Brea Segade

Podes consultar a nosa Política de Privacidade e Protección de Datos no ficheiro que achegamos ao final deste artigo.

Folleto informativo

Podes descargar o noso folleto informativo ao final deste artigo (preme nos termos subliñados abaixo, en Adxuntos).

Faite socix!

A inscrición na ANPA é voluntaria e renóvase anualmente. A única condición previa á inscrición é que teñas á(s) túa(s) crianza(s) matriculada(s) no CEP Xosé María Brea Segade. 

Para informarte e contactar connosco

Non dubides en contactar connosco para transmitirnos as túas ideas, preguntas, suxestións ou preocupacións a través das seguintes canles:

ANPA CEP Xosé María Brea Segade

Dende a Asociación de Nais e Pais de Alumnos CEP Xosé María Brea Segade queremos dar a benvida ás familias de novo ingreso ao centro escolar e saudar un ano máis ás que xa pertencen á comunidade educativa, agardando que todas teñades un bo curso. Tamén aproveitamos a ocasión para invitarvos a coñecer o noso labor e animarvos a formar parte da asociación.

 

Benvidx!

Formar parte dunha ANPA supón participar no desenrolo das actividades do centro, acompañar aos nosos fillos e fillas na súa educación, involucrándonos en todo aquilo que sexa de utilidade para a escola, organizando actividades extraescolares, xestionando o comedor escolar, etc... Por iso:

 Faite soci@

 

 

                                                                                           

Distribuir contido