try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Quinto

Quinto de primaria

Mochilas Viaxeiras

Desde esta semana pasamos a recibir dúas Mochilas Viaxeiras na nosa clase, así garántese que chegan a todas as casas de 5º. Este xoves saíron para as casas de leire e Xoana. Que as desfrutedes!

Leite

Esta semana comezamos tomar leite na merenda do recreo. É un proxecto sobre alimentación saudable no que entrou o colexio este curso. Unha cunca de leite coa merenda, quen quere botándolle un pouco de Cola Cao, está sabendo a gloria!

Últimas escritoras

Esta semana expuxemos as últimas presentacións sobre escritoras. Moito aprendemos sobre escritoras e sobre como elaborar traballos en formato dixital! Buscaremos algúns dos libros presentados nos andeis da BBS e seguiremos experimentando coas aplicacións de Edixgal, agora que lle collemos gusto. 

Aniversarios 2024

Xa tivemos o primeiro aniversario do 2024! Sofía foi a primeira en cumprir un ano máis na clase e quixo celebralo con nós. Trouxo un pastel e velas e nós cantámoslle o Parabéns e turrámoslle das orellas, claro!

Moitos parabéns, Sofía! Grazas por facernos máis doce o recreo! Guiño

De volta: Sintaxe

Nesta semana tamén volvemos a abrir a nasa de Sintaxe e deixar que os seus personaxes nos axuden a entender a gramática. Seguimos...!

Falamos de escritoras

Nesta semana retomamos a presentación dos traballos sobre escritoras que fixemos no 1º trimestre. Seguimos descubrindo cousas interesantes e vendo o ben que se nos dá crear presentacións. 

Agasallos de Nadal

Xa estamos de novo no cole. A volta foi máis agradable coas sorpresas que nos agardaban ao pé da árbore: agasallos de Nadal para cada clase!

Nós tivemos catro xogos de mesa, que xa probamos nesta primeira semana, mellor dito, xa o primeiro día! Gustáronnos moito!

Misterio no Nadal

Hoxe no recreo os compañeiros e compañeiras de Proxecto Competencial representaron na biblioteca o seu traballo das últimas semanas, unha obra de teatro escrita e interpretada por eles. Misterio no Nadal é a súa primeira creación teatral colectiva. Foi xenial! 

Presentacións sobre escritoras

Estas últimas semanas estivemos aprendendo a usar o programa Libre Office Impress para facer presentacións. Traballamos en parellas e elaboramos presentacións sobre algunhas das escritoras que están expostas na entrada da biblioteca. Xa comezamos a expoñer as presentacións. Están moi ben! Vese que lle fomos collendo o punto ao Impress. Continuará...!

Mochila Viaxeira para Uxío

Mochila Viaxeira para Uxío, para gozar en familia durante todo o Nadal. Que teñas boas lecturas, Uxío!

                                                                                           

Distribuir contido