try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Edixgal

Presentacións: o que nos interesa

Rematamos a exposición das presentacións de Castelán. Canto aprendemos sobre temas tan interesantes e tan diferentes entre si. Bo traballo, rapaces e rapazas! Seguimos...

Obradoiro de vídeo xogos

O pasado martes estivo na nosa clase Carlos Ces, que é o Informático do Concello de Rianxo. Veu impartir un obradoiro de creación de vídeo xogos. Foi moi interesante e moi divertido. En dúas sesión aprendemos a comezar a crear xogos de balde, coas mesmas funcionalidades de moitos dos xogos comerciais que nos gustan. Encantounos! Seguiremos fedellando e aprendendo. Grazas, Carlos!

Música, fútbol, series...

Continuamos compartindo presentacións sobre temas que nos interesan. Desta vez falástesnos de cantantes, xogadores de fútbol e series de animación. Seguimos aprendendo e comprobando que vos manexades moi ben con Libre Office Impress. 

O que nos interesa

En Castelán estamos elaborando presentacións sobre temas que nos interesan e aproveitamos para aprender novas funcionalidades do programa Libre Office Impress, por exemplo as animacións. Xa comezaron as exposicións, que se notan máis "profesionais" e que tratan de temas moi variados: mascotas, deportes, xoguetes... Comezamos aprendendo sobre Lamine Yamal, Barbie, Remo, o can de Daniela e voleibol. 

Arxentina

Hoxe Sofía falounos do seu país, Arxentina. Preparou unha presentación moi chula para compartir con nós moita información interesante sobre Arxentina. Encantounos! Grazas, Sofía!

Últimos invertebrados

Rematamos coas exposicións das presentacións sobre invertebrados. Moi bos traballos todos e moi boas exposicións. Parabéns 5º!

Máis invertebrados

Seguimos aprendendo sobre os invertebrados coas exposicións das presentacións que elaboramos antes de Entroido. Aínda quedan algunhas por compartir. 

Hip Hop

Este Entroido todo o cole disfrazouse de estilos musicais e a clase de Quinto fomos de Hip Hop. Estivemos escoitando temas de hip hop, coñecendo grupos, revisando a estética dos hip hopeiros para preparar os nosos disfraces e elaborando algún accesorio.  Deixamos case todo listo o xoves, aínda que a volta do Entroido remataremos un proxecto de Hip Hop que temos a medias. Seguiremos informando...

Invertebrados en pixama e con pelos tolos

Toribio deixouno claro, e unha vez no cole tiñamos traballo que facer... en pixama. 

Continuamos coas presentacións dos invertebrados, que seguen a ser estupendas, ben elaboradas e ben presentadas. 

Invertebrados

Comezaron as exposicións dos traballos sobre invertebrados que estivemos facendo en Naturais. Dá gusto ver os traballos e escoitar as presentacións. Moi ben! 

                                                                                           

Distribuir contido