try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Roi e o seu acordeón

Onte Roi volveu traer o seu acordeón a clase. Tiñámolo pendente desde había moito tempo, queriamos escoitalo de novo e ver canto avanzara nestes meses. Desta vez estivemos na biblioteca e Roi, ademais de tocar varias pezas, comezou preguntándonos sobre o que nos contara a primeira vez, para ver se nos lembrabamos: partes do acordeón, como se facía soar... Pillounos por sorpresa! Menos mal que algúns si que tiñan os coñecementos ao día Guiño

Gustounos moito escoitalo tocar e falar sobre como prepara as pezas, que é o máis complicado, que temas lle gustan máis... E si, notamos como vai avanzando. En palabras de Sofía: Es un xenio da música, Roi! Risa 

Segue ensaiando moito e gozando do acordeón, Roi!

E volve traelo para compartilo con nós. Grazas!

Comentarios

Roi Fernández co acordeón

A min encantoume a actuación do meu mellor amigo e fíxoo de vicio.

 

 

 

 

Izan Sampedro

Gustoume!

Gustoume moito! 

E espero que o traia outra vez.

 

 

 

 

Daniela Agrafojo