try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Quinto

Quinto de primaria

25 N

O venres conmemoramos no colexio o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Despois de diferentes actividades ao longo da semana, xuntámonos tod@s na biblioteca para escoitar a canción gravada por un grupo de nais, ler un manifesto e compoñer entre todas as clases un mural contra o silencio e a prol dos dereitos e o respecto ás mulleres. 

Non á violencia contra as mulleres!

Sistema Solar

Rematamos os traballos sobre os planetas e fixemos as presentacións para o resto dos compañeiros/as. Foi un bo traballo de investigación e posta en común. 

Obradoiro sobre acoso nas redes sociais

Este martes os alumnos e alumnas de 5º e 6º participamos nun obradoiro sobre acoso nas redes sociais, organizado polo Concello de Rianxo. Por medio de xogos, debate entre nós e algúns vídeos, démonos conta de que hai que ter moita precaución para non caer en situacións de acoso nas redes. Foi moi interesante. 

O Espazo Argalleiro

Argallar dásenos moi ben. Risa

O acordeón de Roi

A segunda sorpresa e agasallo do venres déunolo Roi Fernández, que trouxo o seu acordeón a clase. Foi sorpresa saber que tocaba o acordeón e que levaba xa uns anos aprendendo e tocando. O agasallo foi escoitalo falar sobre o instrumento e sobre como está aprendendo a tocalo e, sobre todo, escoitalo tocar as pezas que preparou para nós. Ata bailamos un valse! Risa

Os lapis de Ibai

Este venres tivemos unha mañá de sorpresas e agasallos. A primeira foi a volta de Ibai, despois de dous días por Madrid. Contounos o que estiveron vendo e facendo neses días e deunos o agasallo que trouxo para todos os da clase: lapis do Madrid! Sorpresaza!

Moitas grazas, Ibai e familia!

 

Mochila viaxeira para Daniela

2ª viaxe da Mochila Viaxeira de 5º. Foise para a casa de Daniela. Gozade moito dela, Daniela, e non esquezas preguntar na casa pola música que máis lles gustaba e lles gusta. Pídelles propostas de temas ou grupos que temos que dar a coñecer desde a Radio BBS. 

Superheroínas e superheroes

O mércores un grupo de rapazas de 5º foron as contadoras nos contacontos do recreo da BBS. Entrade no blog da biblio para saber máis. 

Sintaxe: avanzando

Continuamos traballando a gramática en galego co método Sintaxe. Seguimos repasando e asegurando o que xa sabiamos sobrea as clases gramaticais e descubrindo novos recursos do método, como a páxina web, que nos gusta moito Risa.

The city

En Inglés 5º está traballando sobre as cidades e unha das tarefas propostas foi crear un mural ou unha maqueta na que se incorporara o vocabulario traballado. Aquí tedes unha mostra da creatividade e o bo traballo que se está a facer na clase. Moi ben!

                                                                                           

Distribuir contido