try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Sintaxe

Sintaxe: conxugamos

O venres chegou unha nova nasa de Sintaxe a clase! Tamén veu a que xa coñeciamos, a das clases gramaticais, pero desta vez para centrarnos no verbo e no pronome. A segunda nasa é a da conxugación verbal e iso foi o que comezamos a facer...conxugar verbos en presente. Seguimos avanzando!

Obradoiros con Sintaxe

Hoxe tivemos sesión de obradoiros en Sintaxe, repasando as seis clases gramaticais coas que xa traballamos. Como nos prestan os obradoiros de Sintaxe!

Sintaxe e Rosalía

Seguimos traballando con Sintaxe, aproveitando para relacionar a gramática cos textos que lemos na aula. Esta semana foi, como non, Rosalía e o seu poema Miña casiña, meu lar. Poesía e gramática tamén van da man ;-)

De volta: Sintaxe

Nesta semana tamén volvemos a abrir a nasa de Sintaxe e deixar que os seus personaxes nos axuden a entender a gramática. Seguimos...!

Sintaxe: avanzando

Continuamos traballando a gramática en galego co método Sintaxe. Seguimos repasando e asegurando o que xa sabiamos sobrea as clases gramaticais e descubrindo novos recursos do método, como a páxina web, que nos gusta moito Risa.

Sintaxe

Seguimos coñecendo proxectos que desenvolveremos este curso. Este xoves abrimos unha nasa e... descubrimos Sintaxe, un método de aprendizaxe da gramática, creado polo profesor Emilio Neira Abuín, co que traballaremos este curso. A primeira sesión xa nos deixou con ganas de máis!

                                                                                           

Distribuir contido