try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Quinto

Quinto de primaria

Invertebrados

Comezaron as exposicións dos traballos sobre invertebrados que estivemos facendo en Naturais. Dá gusto ver os traballos e escoitar as presentacións. Moi ben! 

Aralia

Temos unha planta, unha Aralia, de 5º no Xardín da Memoria. recibímola hoxe, na celebración do Día da Paz e agora temos que aprender máis sobre ela e coidala. É o noso "anaquiño" do planeta Terra, o mundo que temos que coidar e cambiar... para mellor. 

Día da Non Violencia e a Paz

Hoxe, despois de todo o traballo destas semanas sobre a paz e Castelao, xuntámonos na biblioteca para escoitar un poema sobre o papel dos nenos e nenas na construción dun mundo mellor, A canción do cambio. Ese poema inspirou o marcapáxinas que elaboramos despois e que decoramos con pombas 3D. 

Día de Castelao

O 30 de xaneiro celebramos o Día de Castelao e o Día da Ilustración. Este ano traballamos sobre viñetas algunhas viñetas de Castelao, inventando globos que falaran sobre conflitos e guerras, xa que o 30 de xaneiro tamén é o Día da Paz e a Non Violencia. Grande traballo, 5º!

Presentacións de escritoras

Aquí están as primeiras presentacións elaboradas este curso, sobre algunhas das escritoras propostas pola BBS no Día das escritoras 2023. Bo traballo, 5º!

PRESENTACIÓNS

Ourizos de mar

Estamos investigando sobre invertebrados e Xoana tróuxonos un ourizo de mar, para que puideramos ver "en vivo" como son e as súas principais características. Grazas, Xoana!

Mochilas Viaxeiras

Desde esta semana pasamos a recibir dúas Mochilas Viaxeiras na nosa clase, así garántese que chegan a todas as casas de 5º. Este xoves saíron para as casas de leire e Xoana. Que as desfrutedes!

Leite

Esta semana comezamos tomar leite na merenda do recreo. É un proxecto sobre alimentación saudable no que entrou o colexio este curso. Unha cunca de leite coa merenda, quen quere botándolle un pouco de Cola Cao, está sabendo a gloria!

                                                                                           

Distribuir contido