Skip to Content

                                                                                                                                                     

 

Axudas, Biblioteca, Dinamización Lingüística, Entroido, Matrícula, Nadal, Paz, PEC, Plan Dixital, Revitaliza, Samaín, Transporte

LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS 2023/2024:

Xa están publicadas as listaxes definitivas de alumnado para o vindeiro curso 2023/24. Podedes consultar ditas listaxes no taboleiro interior do noso centro en horario escolar.

 

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR 2023/2024

Bos días familias,
Hoxe entrégaselle ao alumnado a folla de solicitude de transporte escolar para o vindeiro curso 2023/24. O prazo de entrega desta solicitude é ata o 26 de maio.
Devolverase unha copia con data de entrada como xustificante.
Grazas.

IMPRESO SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR

IMPORTANTE!! O alumnado matriculado no CEIP Xunqueira 2 do curso 2016/2017 en diante, só terá dereito a transporte escolar aquel alumnado que pertenza á zona de influencia do centro.

Os usuarios lexítimos (que vivan a máis de 2 km dentro da área que corresponde ao centro por zonificación) poderán perder ese dereito de non facer uso continuado do mesmo. O resto de usurarios poderán facer uso do transporte en precario (poderían perder o dereito de aparecer un usuario lexítimo).

 

A Paz 2021 con Rosa Parks

O alumnado de 6ºB recordou a Rosa Parks, activista afroamericana, figura importante do movemento polos dereitos civís en Estados Unidos por ocupar un asento para brancos en lugar dun na zona traseira do autobús para xente de cor.
 

1 DE ABRIL DÍÁS DAS ARTES GALEGAS

Conmemoramos o 8M

 O alumnado de 6ºA elaborou este vídeo para conmemorar este día tan importante. A gozalo!!!

Feliz día a todas!!!!

ADMISIÓN CURSO 2023/24

Do 1 ao 20 de marzo de 2023.

Recordamos que o período de admisión comeza o  1 de marzo e comprende ata o 20 deste mes. As solicitudes pódense presentar a través dos seguintes métodos:

a) Presentación da solicitude (impreso ED550B) no centro cuberta a man ou cuberta e impresa a través da aplicación: Admisión alumnado.

b) Presentación a través da Sede Electrónica. 

documentación a aportar xunta coa solicitude é a seguinte:

1. Documento acreditativo de idade do alumno (DNI, Libro de familia...)

2. Para todos, excepto os nenos de 3 anos, certificado de matrícula do curso actual.

3. De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia do menor. No caso de guardia e custodia compartida, a solicitude deberá vir firmada polos dous proxenitores.

 

presentación a través da Sede Electrónica implica tamén a presentación da documentación anteriormente citada, incluíndo neste caso, un escanado/fotografía/etc das firmas manuscritas que deben constar no Anexo II bis de tódolos membros computables da unidade familiar, a excepción do proxenitor que asina a través da Sede Electrónica. No caso dos menores de idade deberá a firma ser dun dos proxenitores.

 

INTRUSOS NO COMPOSTEIRO

Hoxe os nenos e nenas de cuarto de primaria fixeron de detectives científicos e estiveron buscando intrusos no composteiro. Pero ... que é iso de intrusos dentro do composteiro? Pois tiveron que buscar residuos impropios, que non deben estar presentes dentro do composteiro. Deducir a súa orixe, a composición e os efectos sobre o medio. Principalmente buscaron microplásticos e agora xa saben cal é o seu impacto ambiental.

O XOGO DA MIÑOCA

O 24 de xaneiro a rapazada de 1º e 2º participou no XOGO DA MIÑOCA.

Esta é unha actividade deseñeda e desenvolvida para abordar, de xeito lúdico e ameno, os conceptos básicos da compostaxe e da recollida selectiva.

Pasárono xenial aprendendo sobre uns dos piares básicos do coidado do medio ambiente.

Agardamos que estas aprendizaxes que sementamos agora den froito no futuro.

XA VEN AÍ O SAMAÍN!!!!

O día 28 de outubro celebraremos no cole a festa de Samaín e o Magosto.

As castañas serán proporcionadas pola ANPA e asadas no cole por un castañeiro.

O alumnado poderá vir disfrazado e traer merenda típica destas datas (adoitan ser a base de cabaza e castañas, moi tradicionais as "chulas de cabaza").

Ademais queremos decorar con cabazas o centro polo que contamos coa vosa colaboración. As familias que queirades participar podedes decorar unha cabaza e achegala ao centro a partires do día 24.

O día 28 o alumnado levaraas de volta para casa, as que non se leven botarémolas no composteiro.

Que é?

Dende o curso 2019/2020 participamos no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra porque queremos concenciar ao noso alumnado da necesidade de coidar o noso planeta.

Este programa vai dirixido ao alumnado de educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato dos centros educativos pertencentes aos concellos adscritos ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, acompañado dunha formación especifica tamén para o profesorado.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

  • Concienciar á comunidade educativa da problemática dos residuos.
  • Acadar un cambio de actitudes e responsabilidade na separación dos residuos orgánicos domésticos.
  • Compromiso persoal ante a redución dos mesmos e co uso dos composteiros comunitarios e individuais.
  • Informar sobre a importancia da compostaxe como alternativa necesaria, ao ser máis económica e ecolóxica que os tratamentos actuais.

Obxectivos Específicos

  • Traballar coa comunidade educativa dos centros educativos das zonas onde haxa composteiros comunitarios.
  • Coordinar e facer un seguimento individualizado do programa educativo en cada centro, ofertando e adecuando as actuacións do programa ás demandas de cada equipo educativo.
Distribuir contido


by Dr. Radut