Día da Paz

DÍA DA PAZ 2009

Diversas foron as actividades coas que conmemoramos o Día da Paz neste 2009.

Durante toda a semana, os cursos de primaria traballaron cos xornais buscando neles noticas boas e noticias malas, as cales recortaron e pegaron en cartonilas a o xeito de "home anuncio" para presentalas a todo o colexio o nos actos do venres.

 O venres 30, Día a Paz. 

Unha representación do centro, formada polo alumnado de segundo e terceiro de primaria asistiron aos actos organizados polo Concello ao que estaban convidados tódolos colexios. Dous alumnos de cada centro (no noso caso un Bruno e Nuria de 3º) leron un manifesto pola Paz.

Ese mesmo día realizamos no colexio un acto pola Paz. Cada curso mostrou os seus carteis coas novas boas e malas, lerónse algúns titulares das mesmas e finalizamos cantando "Non dudaría" de Antonio Flores.

Ao rematar os carteis foron colgados nun corredor da entrada formando un gran mural de novas, a un lado as malas e ao outro as boas.

Distribuir contido