Arte en Galicia

PINTANDO O MURO DO COLE

Como actividade final do proxecto de investigación "Arte en Galicia", decidimos pintar o muro do cole. Pica na imaxe para ver o vídeo no que se mostra como quedou o muro e o proceso de pintado.

Ten un pouco de paciencia mentras carga o vídeo

VISITA AO TALLER DE MAR BARRAL

O venres 20 os nenos e nenas de 5º e 6º visitamos o taller de Mar Barral foi unha experiencia marabillosa despois do traballo de investigación que realizamos sobre a cerámica.

VER FOTOS TALLER CERÁMICA

LIBRO DIXITAL PINTORES E ESCULTORES GALEGOS

O alumnado de 5º elaborou nas clases de informática fichas sobre os pintores e escultores galegos. Con todas as fichas fixemos un libro dixital.

(Pica na imaxe para ver o libro)

FOTOGRAFÍA XOGAMOS?

 Dentro do proxecto  "Arte en Galicia", o alumnado de 3º estivo investigando sobre a fotografía. Para comprobar o que aprenderon creamos un Xogamos con preguntas sobre o tema.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

CERÁMICA XOGAMOS?

 Dentro do proxecto  "Arte en Galicia", o alumnado de 5º estivo investigando sobre a cerámica. Para comprobar o que aprenderon creamos un Xogamos con preguntas sobre o tema.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

PETEIRO XOGAMOS?

 Dentro do proxecto  "Arte en Galicia", o alumnado de 4º estivo investigando sobre o pintor Perteiro. Para comprobar o que aprenderon creamos un Xogamos con preguntas sobre a súa vida e obra.

Se non ves ben o xogo pica aquí para abrilo nunha nova xanela.

Só funciona en ordenadores coa maqueta ABALAR ou que teñan instalado un emulador FLASH.

JCLIC COAS ILUSTRACIÓNS DE LEANDRO LAMAS

Dentro do proxecto de investigación do centro "Arte en Galicia", o alumnado de Educación Infantil está coñecendo a obra do pintor Leandro Lamas, empregando entre outros recursos o libro "Poemas con piruleta" que conta coas súas ilustracións.

O equipo TIC - Abalar do cole elaborou este paquete de actividades Jclic nas que se xoga coas ilustración do citado libro para que o alumnado traballe a súa memoria e poña en práctica a súa capacidade para facer quebracabezas.

 Pica na imaxe para abrir a actividade

ARTE EN GALICIA

Para continuar coñecendo cousas da Nosa Terra, este ano o proxecto de investigación do centro centrarase na ARTE EN GALICIA.

Os temas escollidos son:

Educación Infantil: Leandro Lamas

1º e 2º de Primaria: Arte no noso concello

3º Primaria: Fotografía galega

4º Primaria: Peteiro e as súas vidrieiras

5º Primaria: Cerámica galega

6º Primaria: As 5 Catedrais galegas.

O resultado das nosas investigacións e as cousas que aprendamos serán recollidas nesta páxina web.
Distribuir contido