Flora e Fauna de Galicia

LIM AS ÁRBORES DO COLE

Para colaborar no proxecto de investigación "Flora e Fauna de Galicia", alumnado de 6º B buscou información sobre as diversas árbores que hai no patio do cole.

Se queredes aprender os seus nomes e coñecer as súas características podedes facelo con este libro LIM no que tamén podedes comprobar os vosos coñecementos realizando as súas actividades.

Pica na imaxe para abrir a actividade

LIBRO DIXITAL FLORA E FAUNA DE GALICIA

O alumnado de 5º elaborou nas clases de informática fichas sobre a flora e a fauna da nosa terra. Con todas as fichas fixemos un libro dixital.

(Pica na imaxe para ver o libro)

ACTIVIDADES DIXITAIS: FLORA E FAUNA DE GALICIA

Aquí tedes varias actividades dixitais coas que podedes traballar algunhas das temáticas do proxecto de investigación "Flora e Fauna".
FLORA E FAUNA DE GALICIA Libro Lim sobre a Flora e a Fauna de Galicia: actividades, vídeos, información...
A FLORA DO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO Libro Lim con información e actividades sobre a flora do parque natural de Corrubedo: as zoas arenosas, as zonas húmidas, os cantíns, a flora invasora e a flora ameazada.
A CAMELIA Libro Lim con información e actividades para o coñecemento da árbore e da flor.
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS Libro Lim con información e actividades sobre a flora, a fauna e os fondos mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
VIDA SALVAXE GALEGA Libro Lim sobre os animais vertebrados terrestres da nosa comunidade: mamíferos, anfíbios, aves e réptiles.
A AMEIXA Libro Lim con actividades e información sobre a ameixa
OS PAXAROS DE GALICIA Libro Lim para coñecer algúns dos páxaros que viven na nosa terra.

TEMÁTICAS DO PROXECTO FLORA E FAUNA DE GALICIA

O alumnado dos distintos cursos xa comezou o seu traballo de investigación sobre a Flora e a Fauna de Galicia.

Entre as temáticas de estudio atópanse:

- As aves.

- A Illa de Cortegada.

- A camelia.

- O parque natural das Dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.

- Os bechiños e os vermes.

- As árbores do noso lugar.

- O loureiro e a ameixa de Carril.

- O bosque atlántico.

- A carballeira e o souto.

FLORA E FAUNA DE GALICIA

O proxecto de investigación que imos realizar este curso no cole leva por nome "Flora e Fauna de Galicia" e pretende ser a continuación do proxecto do curso pasado "Coñecendo a Nosa Terra".

Esperamos aprender moitas cousas, de todas elas vos iremos informando na nosa web.

 

Distribuir contido