Flora e Fauna de Galicia
LIM AS ÁRBORES DO COLE
ACTIVIDADES DIXITAIS: FLORA E FAUNA DE GALICIA
Aquí tedes varias actividades dixitais coas que podedes traballar algunhas das temáticas do proxecto de investigación "Flora e Fauna". | |
FLORA E FAUNA DE GALICIA | Libro Lim sobre a Flora e a Fauna de Galicia: actividades, vídeos, información... |
A FLORA DO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO | Libro Lim con información e actividades sobre a flora do parque natural de Corrubedo: as zoas arenosas, as zonas húmidas, os cantíns, a flora invasora e a flora ameazada. |
A CAMELIA | Libro Lim con información e actividades para o coñecemento da árbore e da flor. |
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS | Libro Lim con información e actividades sobre a flora, a fauna e os fondos mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas. |
VIDA SALVAXE GALEGA | Libro Lim sobre os animais vertebrados terrestres da nosa comunidade: mamíferos, anfíbios, aves e réptiles. |
A AMEIXA | Libro Lim con actividades e información sobre a ameixa |
OS PAXAROS DE GALICIA | Libro Lim para coñecer algúns dos páxaros que viven na nosa terra. |
TEMÁTICAS DO PROXECTO FLORA E FAUNA DE GALICIA
O alumnado dos distintos cursos xa comezou o seu traballo de investigación sobre a Flora e a Fauna de Galicia.
Entre as temáticas de estudio atópanse: - As aves. - A Illa de Cortegada. - A camelia. - O parque natural das Dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán. - Os bechiños e os vermes. - As árbores do noso lugar. - O loureiro e a ameixa de Carril. - O bosque atlántico. - A carballeira e o souto. |
FLORA E FAUNA DE GALICIA
O proxecto de investigación que imos realizar este curso no cole leva por nome "Flora e Fauna de Galicia" e pretende ser a continuación do proxecto do curso pasado "Coñecendo a Nosa Terra". Esperamos aprender moitas cousas, de todas elas vos iremos informando na nosa web.
|