Halloween e Samaín

SAMAÍN 2022

Este ano para celebrar o Samaín realizamos outra edición da exposición de cabazas. Para agradecer a participación do alumnado, todos os nenos e nenas que trouxeron a súa cabaza recibiron un pequeno agasallo.

Completamos a actividade cantando todos xuntos a canción " No Samaín" de Paco Nogueiras.

VER FOTOS SAMAÍN 2022

SAMAÍN 2019

Outro ano máis anticipándonos á noite de Samaín celebramos no cole esta festa realizando un túnel do medo no que o alumnado antes de entrar podía deixar nun buzón os seus medos escritos nun papel para que despois fosen destruídos.

Ademais tivemos a tradicional exposición de cabazas, todos os nenos e nenas participantes na mesma foron agasallados cun imán con forma de cabaza que foron feitos pola asociación de disminuídos psíquicos "Con eles".

VER FOTOS SAMAÍN 2019

SAMAÍN 18

Os días previos ao "Samaín" tivemos no cole unha pequena exposición de cabazas decoradas realizadas polo alumnado coa axuda das súas familias.

Todos os alumnos e alumnas que colaboraron nesta actividade recibiron como agradecemento un pequeno agasallo.

Outra actividade realizada para celebrar o Samaín foi un baile terrorífico do alumnado de 6º

VER FOTOS SAMAÍN 18

SAMAÍN 17

O 31 de Outubro para preparar a "Noite de Meigas" celebramos no cole o Samaín cun certame de decoración de cabazas.

Todos os nenos e nenas que trouxeron ao cole unha cabaza decorada, recibiron un pequeno agasallo e as aulas un diploma para agradecer a súa participación.

Como podedes ver moitos dos alumnos/as, ese día viñeron ao cole disfrazados de personaxes que daban un pouco de medo.

VER FOTOS SAMAÍN 17

SAMAÍN 2016

No cole adiantamos a celebración do Samaín co II concurso de decoración de cabazas e decorando os corredores da entrada e algunhas das portas das aulas.

Ao longo de toda a semana estiveron expostas todas as cabazas participantes no concurso e o venres 28 fixemos a entrega dos premios aos gañadores:

- Educación Infantil 3 anos; Ainhoa Rosales Gómez.

- Educación Infantil 4 anos; Carlota Plaza Lorenzo.

- Educación Infantil 5 anos; Marcos Dieste Piñeiro.

- 1º Educación Primaria; Adrián Soto Piñeiro.

- 2º Educación Primaria; Roi Viaño Blanco.

- 3º Educación Primaria; Johan Castaño García.

- 4º Educación Primaria; Naira Vázquez Brea.

- 5º Educación Primaria; Uxía Novo García.

- 6º Educación Primaria; Saúl Novo Del Río.

Todos eles recibiron como agasallo dúas entradas para ir ver unha película ao cine.

VER FOTOS SAMAÍN 2016

SAMAÍN 2015 (2ª Parte)

Estes primeiros días do mes de Novembro a entrada do cole é moi terrorífica, nela podemos atoparnos con morcegos, pantasmas, tumbas e moitas cabazas decoradas que dan moito medo.

O mércores 4 cantamos e bailamos moito coa actuación de Luis Vallecillo Cántoche un conto especial Samaín.

O venres 6 entregamos os premios do concurso de cabazas os gañadores foron:

 Xián Rodríguez Villaronga de EI 5 anos

Álvaro Ponce Del Río de 2º A

José Carlos Diz Blanco de 3º A

Brais Diz César de 6º A

SAMAÍN 2015 (1ª Parte)

Este ano pretendemos festexar o Samaín con diversas actividades:

O 3 de Novembro imos organizar un concurso de decoración de cabazas, animámosvos a todos/as a participar xa que haberá premios para as mellores.

 O xoves 4 teremos a actuación  "Cántoche un conto" especial Samaín e para que vaiedes ensaiando aquí vos deixamos unha das cancións que imos cantar.

 

Esperamos pasalo moi ben.

HALLOWEN 12

Os nenos e nenas de terceiro na clase de Arts & Crafts, fixemos uns calacús cos que decorar o centro cun mural para celebrar o Hallowen.


Os nosos compañeiros de cuarto completaron o mural cuns gatiños.

DECORACIÓN HALLOWEEN E SAMAÍN 2011

Para celebrar a noite de Halloween fixemos un gran mural cos debuxos que o alumnado realizou nas clases de inglés e cos calacús e morcegos que realizou o alumnado das aulas bilingües de plástica.

Así mesmo os nenos e nenas de 2º fixeron un pequeno mural con motivos do Samaín.

HALLOWEEN 2010

 Para celebrar a noite meiga de Halloween o alumnado decorou a entrada do centro coas súas manualidades.

Os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron casas encantadas empregando briks.

O alumnado de 3º e 4º realizou uns fermosos gatos na clase bilingüe de plástica.

A nosa bruxa e uns calacús con caras completaron a terrorífica montaxe.

Distribuir contido