Halloween e Samaín
SAMAÍN 2022
Este ano para celebrar o Samaín realizamos outra edición da exposición de cabazas. Para agradecer a participación do alumnado, todos os nenos e nenas que trouxeron a súa cabaza recibiron un pequeno agasallo. Completamos a actividade cantando todos xuntos a canción " No Samaín" de Paco Nogueiras. |
SAMAÍN 2019
Outro ano máis anticipándonos á noite de Samaín celebramos no cole esta festa realizando un túnel do medo no que o alumnado antes de entrar podía deixar nun buzón os seus medos escritos nun papel para que despois fosen destruídos. Ademais tivemos a tradicional exposición de cabazas, todos os nenos e nenas participantes na mesma foron agasallados cun imán con forma de cabaza que foron feitos pola asociación de disminuídos psíquicos "Con eles". |
SAMAÍN 18
Os días previos ao "Samaín" tivemos no cole unha pequena exposición de cabazas decoradas realizadas polo alumnado coa axuda das súas familias. Todos os alumnos e alumnas que colaboraron nesta actividade recibiron como agradecemento un pequeno agasallo. Outra actividade realizada para celebrar o Samaín foi un baile terrorífico do alumnado de 6º |
SAMAÍN 17
O 31 de Outubro para preparar a "Noite de Meigas" celebramos no cole o Samaín cun certame de decoración de cabazas. Todos os nenos e nenas que trouxeron ao cole unha cabaza decorada, recibiron un pequeno agasallo e as aulas un diploma para agradecer a súa participación. Como podedes ver moitos dos alumnos/as, ese día viñeron ao cole disfrazados de personaxes que daban un pouco de medo. |
SAMAÍN 2016
No cole adiantamos a celebración do Samaín co II concurso de decoración de cabazas e decorando os corredores da entrada e algunhas das portas das aulas. Ao longo de toda a semana estiveron expostas todas as cabazas participantes no concurso e o venres 28 fixemos a entrega dos premios aos gañadores: - Educación Infantil 3 anos; Ainhoa Rosales Gómez. - Educación Infantil 4 anos; Carlota Plaza Lorenzo. - Educación Infantil 5 anos; Marcos Dieste Piñeiro. - 1º Educación Primaria; Adrián Soto Piñeiro. - 2º Educación Primaria; Roi Viaño Blanco. - 3º Educación Primaria; Johan Castaño García. - 4º Educación Primaria; Naira Vázquez Brea. - 5º Educación Primaria; Uxía Novo García. - 6º Educación Primaria; Saúl Novo Del Río. Todos eles recibiron como agasallo dúas entradas para ir ver unha película ao cine. |
SAMAÍN 2015 (2ª Parte)
Estes primeiros días do mes de Novembro a entrada do cole é moi terrorífica, nela podemos atoparnos con morcegos, pantasmas, tumbas e moitas cabazas decoradas que dan moito medo. O mércores 4 cantamos e bailamos moito coa actuación de Luis Vallecillo Cántoche un conto especial Samaín. O venres 6 entregamos os premios do concurso de cabazas os gañadores foron: Xián Rodríguez Villaronga de EI 5 anos Álvaro Ponce Del Río de 2º A José Carlos Diz Blanco de 3º A Brais Diz César de 6º A |
SAMAÍN 2015 (1ª Parte)
Este ano pretendemos festexar o Samaín con diversas actividades: O 3 de Novembro imos organizar un concurso de decoración de cabazas, animámosvos a todos/as a participar xa que haberá premios para as mellores. O xoves 4 teremos a actuación "Cántoche un conto" especial Samaín e para que vaiedes ensaiando aquí vos deixamos unha das cancións que imos cantar.
Esperamos pasalo moi ben. |
HALLOWEN 12
Os nenos e nenas de terceiro na clase de Arts & Crafts, fixemos uns calacús cos que decorar o centro cun mural para celebrar o Hallowen. Os nosos compañeiros de cuarto completaron o mural cuns gatiños. |
DECORACIÓN HALLOWEEN E SAMAÍN 2011
Para celebrar a noite de Halloween fixemos un gran mural cos debuxos que o alumnado realizou nas clases de inglés e cos calacús e morcegos que realizou o alumnado das aulas bilingües de plástica. Así mesmo os nenos e nenas de 2º fixeron un pequeno mural con motivos do Samaín. |
HALLOWEEN 2010
Para celebrar a noite meiga de Halloween o alumnado decorou a entrada do centro coas súas manualidades. Os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron casas encantadas empregando briks.
O alumnado de 3º e 4º realizou uns fermosos gatos na clase bilingüe de plástica. A nosa bruxa e uns calacús con caras completaron a terrorífica montaxe. |
