Traballos cursos anteriores

FÍXEMOS PIZZA

Dentro das actividades do proxecto de investigación "Descifrando receitas", os nenos e nenas de Educación Infantil aprendemos a facer pizza coa axuda de Juan, pai dos nosos compañeiros Cibrán e Mariña.

Comezamos misturando os ingredientes para facer a masa, a cal tivemos que amasar moi ben para despois estirala co rolo.


Unha vez feita a base engadimos o tomate, o xamón, un anaco de ovo cocido e o queixo.

As profesoras encargáronse de metelas no forno para que se fixeran e poder comelas.

Quedáronnos moi ricas.

VER FOTOS FIXEMOS PIZZA

PLANTAMOS FRESAS

Os nenos e nenas de Educación Infantil queremos saber como crecen as plantas polo que cada un de nos plantou unha fresa nunha maceta e iremos vendo como van medrando día a día.

 

Para realizar esta actividade contamos coa colaboración de Vicky, nai de dúas das nosas compañeiras.

VER FOTOS PLANTAMOS FRESAS

COCIÑANDO CON FROITAS

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos no taller de cociña dúas receitas con froitas.

Por se vos queredes probalas aquí as tedes:

Marmelada de mazás

Ingredientes: mazás, azucre, limón, auga e vainilla.

Elaboración: poñer nunha cunca as mazás peladas e troceadas, engadir o azucre, unhas pingas de zume de limón, a auga e a vainilla. Deixar cocer 20-30 minutos, removendo de vez en cando. Pasalo todo polo batedor e BO PROVEITO.

 

Macedonia de froitas

Ingredientes: Kiwi, pera, granada, mazá, mandarina, azucre e zume de laranxa.

Elaboración: pélanse e pícanse en anacos pequenos as froitas. engádese o zume de laranxa e o azucre. Mestúrase todo. E... lista unha sinxela e rica macedonia!

VER FOTOS COCIÑANDO CON FROITAS

EXPOSICIÓN FROITOS DE OUTONO

Os nenos e nenas de Educación Infantil organizamos unha exposición de froitos de outono.


Preparamos os carteis co nome dos froitos e colocámolos na mesa despois de aprender moitas cousas sobre eles.

Convidamos a todos os cursos a que se pasen a vela no corredor de Educación Infantil.

VER FOTOS EXPOSICIÓN FROITOS OUTONO

ROSQUIÑAS DE PASCUA

No taller de cociña fixemos rosquiñas de Pascua.

Como base empregamos un "donut" que decoramos cos moedas de chocolate e fideos de cores, no medio puxemos un ovo cocido e finalmente a colocamos nunha cestiña.


GALLETAS DE NADAL

Os nenos e nenas de Educación Infantil preparamos no taller de cociña unhas galletas de Nadal.


Son moi fáciles de facer, se queres facelas na casa, aquí tesdes a receita.

Ingredientes:

  • 450 g. de manteiga
  • 1/2 cunca de azucre
  • 3 Ovos
  • 1/2 culler de vainilla
  • 2 cuncas e media de fariña

Pasos a seguir:

1. Bater a manteiga co azucre

2.Engadir os ovos e a vainilla

3. Engadir pouco a pouco a fariña

4. Amasar, amasar, amasar...

5. Estirar a masa co rodillo

6. Poñer a masa nos moldes de Nadal

7. Fornear 10 minutos a 180º

Listas para comer, bo proveito.

CIRCUÍTO EDUCACIÓN VIARIA

Os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos traballando na clase os sinais de tráfico, os pasos de peóns e os semáforos.

Para poñer en práctica todo o aprendido, o martes 22 de Novembro realizamos un circuíto de Educación Viaria no pavillón do cole.


Fixemos de coches que circulaban polas estradas cumprindo as normas de tráfico: nos pasos de peón parábamos para deixar pasar, tíñamos coidado nas rotondas, respectabamos os semáforos en vermello ...

Foi moi divertido.

MARRÓN GLACÉ

Os nenos e nenas de Educación Infantil no taller de cociña fixemos un doce coas castañas, Marrón Glacé.

 

Comezamos cocendo as castañas e preparando o xarope con auga e azucre. Despois metemos as castañas no xarope e deixámolas durante un día enteiro.

Ao día seguinte, fundimos o chocolate e bañamos as castañas nel. Deixamos que enfriaran e envolvémolas en celofán.

Estaban moi ricas.

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS

 O 4 de Novembro celebramos no cole os aniversarios dos nenos e nenas de Educación Infantil que cumpriron anos nos primeiros meses do curso e no verán.

Tivemos unha pequena festa na que sopraron as velas da torta e na que nos convidaron a unha pequena merenda.

VASOIRAS DELICIOSAS

 No taller de cociña os nenos de Educación Infantil fixemos unhas deliciosas vasoiras.

Os ingredentes que precisas se queres facela na túa casa son:

- Unha loncha de queixo

-Queixo de untar

- Unha varilla de pan salgado

- Un laciño

Primeiro debes cortar uns flecos na loncha de queixo, a continuación untas un pouquiño de queixo enriba da loncha e a enrolas ao redor da varilla para finalizar tes que atarlle un laciño.

Distribuir contido