Traballos cursos anteriores
FÍXEMOS PIZZA
Dentro das actividades do proxecto de investigación "Descifrando receitas", os nenos e nenas de Educación Infantil aprendemos a facer pizza coa axuda de Juan, pai dos nosos compañeiros Cibrán e Mariña. Comezamos misturando os ingredientes para facer a masa, a cal tivemos que amasar moi ben para despois estirala co rolo. Unha vez feita a base engadimos o tomate, o xamón, un anaco de ovo cocido e o queixo. As profesoras encargáronse de metelas no forno para que se fixeran e poder comelas. Quedáronnos moi ricas. |
PLANTAMOS FRESAS
Os nenos e nenas de Educación Infantil queremos saber como crecen as plantas polo que cada un de nos plantou unha fresa nunha maceta e iremos vendo como van medrando día a día.
Para realizar esta actividade contamos coa colaboración de Vicky, nai de dúas das nosas compañeiras. |
COCIÑANDO CON FROITAS
Os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos no taller de cociña dúas receitas con froitas. Por se vos queredes probalas aquí as tedes: Marmelada de mazás Ingredientes: mazás, azucre, limón, auga e vainilla. Elaboración: poñer nunha cunca as mazás peladas e troceadas, engadir o azucre, unhas pingas de zume de limón, a auga e a vainilla. Deixar cocer 20-30 minutos, removendo de vez en cando. Pasalo todo polo batedor e BO PROVEITO.
Macedonia de froitas Ingredientes: Kiwi, pera, granada, mazá, mandarina, azucre e zume de laranxa. Elaboración: pélanse e pícanse en anacos pequenos as froitas. engádese o zume de laranxa e o azucre. Mestúrase todo. E... lista unha sinxela e rica macedonia! |
EXPOSICIÓN FROITOS DE OUTONO
Os nenos e nenas de Educación Infantil organizamos unha exposición de froitos de outono. Preparamos os carteis co nome dos froitos e colocámolos na mesa despois de aprender moitas cousas sobre eles. Convidamos a todos os cursos a que se pasen a vela no corredor de Educación Infantil. |
ROSQUIÑAS DE PASCUA
No taller de cociña fixemos rosquiñas de Pascua. Como base empregamos un "donut" que decoramos cos moedas de chocolate e fideos de cores, no medio puxemos un ovo cocido e finalmente a colocamos nunha cestiña. |
GALLETAS DE NADAL
Os nenos e nenas de Educación Infantil preparamos no taller de cociña unhas galletas de Nadal. Son moi fáciles de facer, se queres facelas na casa, aquí tesdes a receita. Ingredientes:
Pasos a seguir: 1. Bater a manteiga co azucre 2.Engadir os ovos e a vainilla 3. Engadir pouco a pouco a fariña 4. Amasar, amasar, amasar... 5. Estirar a masa co rodillo 6. Poñer a masa nos moldes de Nadal 7. Fornear 10 minutos a 180º Listas para comer, bo proveito. |
CIRCUÍTO EDUCACIÓN VIARIA
Os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos traballando na clase os sinais de tráfico, os pasos de peóns e os semáforos. Para poñer en práctica todo o aprendido, o martes 22 de Novembro realizamos un circuíto de Educación Viaria no pavillón do cole. Fixemos de coches que circulaban polas estradas cumprindo as normas de tráfico: nos pasos de peón parábamos para deixar pasar, tíñamos coidado nas rotondas, respectabamos os semáforos en vermello ... Foi moi divertido. |
MARRÓN GLACÉ
Os nenos e nenas de Educación Infantil no taller de cociña fixemos un doce coas castañas, Marrón Glacé.
Comezamos cocendo as castañas e preparando o xarope con auga e azucre. Despois metemos as castañas no xarope e deixámolas durante un día enteiro. Ao día seguinte, fundimos o chocolate e bañamos as castañas nel. Deixamos que enfriaran e envolvémolas en celofán. Estaban moi ricas. |
CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS
O 4 de Novembro celebramos no cole os aniversarios dos nenos e nenas de Educación Infantil que cumpriron anos nos primeiros meses do curso e no verán. Tivemos unha pequena festa na que sopraron as velas da torta e na que nos convidaron a unha pequena merenda. |
VASOIRAS DELICIOSAS
No taller de cociña os nenos de Educación Infantil fixemos unhas deliciosas vasoiras. Os ingredentes que precisas se queres facela na túa casa son: - Unha loncha de queixo -Queixo de untar - Unha varilla de pan salgado - Un laciño
Primeiro debes cortar uns flecos na loncha de queixo, a continuación untas un pouquiño de queixo enriba da loncha e a enrolas ao redor da varilla para finalizar tes que atarlle un laciño. |
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »