Normas comedor

NORMAS DO COMEDOR

 

1. As entradas e saídas do comedor realizaranse ordenadamente, en fila, sen correr e en silencio.

2. Falar baixiño durante a comida, evitando ruídos e berros.

3. Intentar probar a comida antes de dicir que non lle gusta.

4. Non xogar coa comida, nin cos cubertos, pratos e vasos.

5. Sentarse correctamente cos dous pes cara ó chan e as costas apoiadas no respaldo da cadeira. Non balancearse nas cadeiras.

6. Comer correctamente:

  • Non coller a comida coas mans

  • Utilizar axeitadamente os cubertos

  •  Axudarse co pan

  • Mastigar coa boca pechada

  •  Limparse a boca antes de beber

  •  Non falar mestres teñan comida na boca

7.  Erguer a man cando hai algunha incidencia ou necesiten algunha cousa

8. Non erguerse dos seus asentos durante o xantar

9. Non molestar aos compañeiros de mesa ou das restantes mesas

10. Axudar aos rapaces e rapazas máis pequenos

Distribuir contido