Normas comedor
NORMAS DO COMEDOR
1. As entradas e saídas do comedor realizaranse ordenadamente, en fila, sen correr e en silencio. 2. Falar baixiño durante a comida, evitando ruídos e berros. 3. Intentar probar a comida antes de dicir que non lle gusta. 4. Non xogar coa comida, nin cos cubertos, pratos e vasos. 5. Sentarse correctamente cos dous pes cara ó chan e as costas apoiadas no respaldo da cadeira. Non balancearse nas cadeiras. 6. Comer correctamente: • Non coller a comida coas mans • Utilizar axeitadamente os cubertos • Axudarse co pan • Mastigar coa boca pechada • Limparse a boca antes de beber • Non falar mestres teñan comida na boca 7. Erguer a man cando hai algunha incidencia ou necesiten algunha cousa 8. Non erguerse dos seus asentos durante o xantar 9. Non molestar aos compañeiros de mesa ou das restantes mesas 10. Axudar aos rapaces e rapazas máis pequenos |