Dereitos Humanos

VÍDEO PRESENTACIÓN DEREITOS HUMANOS 2020.

Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas, que posteriormente foi transformada nun vídeo.

O vídeo tarda un pouco en cargar debido ao seu peso, por favor tede un pouco de paciencia.

Esperamos que vos guste.

 

DEREITOS HUMANOS 2016

Este ano para conmemorar o Dia dos Dereitos Humanos creamos entre todos os cursos do cole un gran libro ilustrado no que se recollen os principais Dereitos.

(Pica na imaxe para ver o libro)

Ademais, o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas sobre os Dereitos dos nenos e nenas con discapacidade.Se queredes vela podedes picar sobre a imaxe e esperar pouquiño ata que se abra o ficheiro.

DEREITOS HUMANOS 2015

Este ano decidimos traballar os Dereitos dos Nenos e Nenas dende unha perspectiva diferente polo que lle propuxemos ao alumnado que expresen como se sentirían se lles faltase algún dos Dereitos básicos.

Para que poidan reflexionar sobre os seus Dereitos aquí vos deixamos un corto que trata sobre o Dereito a Non explotación.

En relación cos Dereitos e Deberes dos nen@s, o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas na que explican mediante pictogramas cales son eses Dereitos e Deberes.

Se queredes vela picade sobre a imaxe.

TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

Este ano para Conmemorar o Día dos Dereitos Humanos fixemos entre todos un gran mural no que se recollen os DEREITOS DOS NENOS.

(Pica na imaxe para ver a presentación)

Tamén visualizamos e estes vídeos:

Para Educación Infantil


Para Educación Primaria


E todos imos cantar

 

;

COÑECENDO OS NOSOS DEREITOS

O 10 de Decembro conmemoramos no cole o Día dos Dereitos Humanos mediante a visualización da presentación "Coñecendo os nosos dereitos" elaborada polo alumnado de 6º na que contaron coa colaboración de todos o alumnado do centro que encargouse de realizar os debuxos que ilustran a presentación.

(Pica na imaxe para ver a presentación)

Para comprobar o aprendido con esta presentación creamos a actividade Jclic:

"COÑECENDO OS NOSOS DEREITOS"

A actividade completouse coa visualización de un conto e dunha canción sobre a igualdade.  Os nenos e nenas de Educación Infantil e do 1º e 2ºciclo de primaria viron o conto de Rosa Caramelo.

 

 

Pola súa banda o alumnado do 3ºciclo visualizou o conto "Maltrato sutil"

DEREITOS HUMANOS 2012

Para celebrar o Día dos Dereitos Humanos vimos unha presentación de diapositivas elaborada polos nosos compañeiros de 6º na que nos contaban cales son os nosos dereitos.

 

Nas aulas reflexionamos sobre a proxección e calculamos os días que cada un ten para elaborar o noso dorsal de "cumpledías" pois sabemos que hai rapaces que contan a súa vida por días ao teren unha esperanza de vida moi baixa.

VER PDF PRESENTACIÓN "OS NOSOS DEREITOS"

DEREITOS HUMANOS 2011

O 12 de Decembro realizamos no cole varias actividades para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos.

O alumnado de primaria asistiu á proxección da presentación de diapositivas "Así debería de ser a vida de todos os nenos e nenas do mundo" elaborada polos nenos e nenas de 6º de primaria que utilizaron como referencia o libro "Unha vida como a miña. Como viven os nenos no mundo enteiro" (editado por Unicef).


Ademais o alumnado do 3º ciclo viu o corto "Birta y la gran idea" no que se trata o tema dos dereitos Humanos.

Pola súa banda, o alumnado de Educación Infantil realizou as súas propias actividades para conmemorar esta data. Pocoyó presentoulles cales son os Dereitos que teñen os nenos mediante unha serie de curtos de debuxos animados. Cos curtos aprenderon que todos xuntos podemos mover o mundo e eles así o fixeron cun paracaídas.

VER PDF PRESENTACIÓN DIAPOSITIVAS DEREITOS 2011

VER NOTICIA "A REVISTA" TVG

TEÑO DEREITO A SER UN NENO

Este ano, quixemos conmemorar o Día dos Dereitos Humanos empregando como base o libro "Teño dereito a ser un neno" de Alain Serres no que se recollen os dereitos que teñen (ou que deberían ter) todos os nenos e nenas.

O alumnado de sexto encargouse de elaborar unha presentación de diapositivas empregando o texto do libro e imaxes relativas ao recollido neses textos.

Despois da presentación proxectouse un vídeo de UNICEF no que se lles mostran aos nenos e nenas os algúns dos seus dereitos.

 

DEREITOS HUMANOS 09

O 10 de Decembro conmemoramos no cole o Día dos Dereitos Humanos.

Como levamos facendo os últimos anos os nenos e nenas de 6º encargáronse de elaborar unha presentación en soporte informático para facernos reflexionar sobre os Dereitos que temos todos os homes e mulleres.

 

Para os máis pequenos foi o equipo TIC o que elaborou una presentación máis sinxela sobre os dereitos dos nenos, contando coa colaboración dos rapaces e rapazas de  Educación Infantil 4 anos que se encargaron de poñer o son as diapositivas. 

 

DEREITOS HUMANOS 2008

 O 10 de Decembro conmemoramos o Día dos Dereitos Humanos, este ano centrámonos no Dereito á Educación.

Con tal motivo preparamos dúas presentación dixitais. 

  A primeira elaborada polo equipo TIC e dirixida ao alumnado de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria. Nela mediante debuxos intentouse explicarlles o Dereito á Educación. O alumnado de EI 5 anos colaborou na presentación sendo os narradores. 

 

 

   

 A segunda estaba dirixida ao alumnado do 2º e 3º ciclo de Primaria, e foi elaborada  polos os rapaces e rapazas de sexto baixo a supervisión do equipo TIC . Nela  mostrábase como está recollido o Dereito á Educación nos Dereitos Humanos, nos Dereitos do Neno, na Constitución Española. Ademáis recolléronse os Dereitos e os Deberes que teñen os alumnos e alumnas.

 As dúas presentacións finalizaban cunha pequena historia sobre a educación noutros países.   

Distribuir contido