Departamento de Orientación
Dados e historias III
Continuamos coa actividade Dados e historias III, hoxe achegamos dúas fichas novas para traballar cos dados que xa tiñamos.
Ficha 5. Lanza os dados e crea a túa historia
Nesta actividade faremos o seguinte. Crearemos unha historia dividíndola en introdución, nudo e desenlace.
- Lanzamos os dados enriba da ficha.
- Empregamos os que están dentro dos puntos.
- Empregamos en cada parte os dados que se atopan enriba.
Ficha 6. Crea a túa historia perfecta
Nesta actividade temos unha ficha para completar con anotacións. Podemos empregar os dados ou non. Temos distintos apartados nos que ir engadindo datos de personaxes, o escenario, a trama e a descripción.
Eu quedo na casa
Aprendendo a coñecer as emocións
As emocións son de gran importancia na nosa vida.
No documento seguinte atoparedes as emocións, como identificalas nun mesmo e nos demais contando con apoio visual, xunto con algunhas actividades para asociar ditas emocións e sentimentos coas expresións correspondentes.
Eu quedo na casa
Recursos para familias con nenos/as con TEA
No documento adxunto contades con Actividades e recursos para pasar o tempo na casa, dirixidas sobre todo a aquelas familias con nenos e nenas con Trastorno do Espectro do Autismo.
Eu quedo na casa
Día Mundial do Autismo
Hoxe é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.
No seguinte link tedes a Campaña 2020 Puedo APRENDER. Puedo TRABAJAR. de concienciación para visibilizar a realidade do colectivo, as súas necesidades e as súas capacidades.
https://diamundialautismo.com/
Eu quedo na casa
Dados e historias II
Continuamos coa actividade Dados e historias II, hoxe achegamos dúas fichas novas para traballar cos dados que xa tiñamos.
Ficha 3. Debuxa, describe e escribe
Nesta actividade faremos o seguinte:
- Tiramos os dados.
- Escollemos 6 deles.
- Debuxamos nos espazos en branco o que aparece no dado.
- Ao lado do debuxo describir a imaxe.
- Finalmente empregamos as imaxes anteriores para facer tres frases.
Ficha 4. Crea a túa historia con conectores
Nesta actividade faremos o seguinte:
-Tiramos os dados.
- Creamos frases sobre nós mesmos.
Eu quedo na casa
Revista para os pequenos e pequenas
Xa tedes o novo número da revista ¡Al abordaje!, no que hai libros, pasatempos e entrevistas a personaxes conocidas.
Eu quedo na casa
Manual dirixido ás familias
Achegamos un Manual dirixido a aquelas familias que precisen apoio visual para explicar a situación que se está a vivir estes días no fogar.
Eu quedo na casa
Dados e historias I
Esta semana compartimos con vós Dados e historias.
Trátase dunha actividade a desenvolver pouco a pouco.
Comezaremos cos cubos ou dados de historias os cales tedes como documento adxunto. É unha plantilla para que recortedes e peguedes, conta con imaxes que axudarán a desenvolcer o xogo.
Cada día subiremos novas fichas para que empreguedes cos cubos a preparar.
Ficha 1. Emprega 6 dados para crear unha historia
Este é un exercicio sinxelo.
- Teredes que tirar os dados (os 9).
- Escoller 6 deles.
- Colocalos na ficha.
- Inventar unha historia e escribila.
Ficha 2. Fala sobre ti
Este exercicio é un pouco máis complexo que o anterior, xa que terás que plantexar estruturas máis complexas e empregar frases onde empregar subxuntivo, condicional, que+infinitivo...Emprégase da seguinte maneira:
- Tirar os dados.
- Deberás escoller 8 dados e colocalos onde queiras.
- Unha vez colocados deberás crear diferentes frases sobre ti mesmo/a.
Eu quedo na casa
Conceptos temporais
En publicacións anteriores fixemos mención á importancia de manter unha serie de rutinas cos máis pequenos, sobre todo estes días.
No documento adxunto contades con material para desenvolver cos nenos e nenas no día a día en relación aos conceptos temporais (ano, mes, día...) con apoio visual.
Eu quedo na casa
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »