AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Estimadas familias,
No DOG do día 20 de maio de 2019 publicase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.
a) Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e de 4º Educación Primaria. O alumnado deste centro de 5º e 6º de E.P. incluido no proxecto educación E-DIXGAL está excluido da participación do Fondo solidario pero non das axudas para adquirir material escolar.
b) O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170€ segundo a renda per cápita.
c) A maiores establécese un vale de 50€ para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€.
A solicitud pódese presentar no centro ou por vía electrónica nos formularios normalizados disponibles na aplicación informática “fondolibros” ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
As tres modalidades (fondo, axudas para a adquisición de libros e axudas para a compra de material escolar) intégranse nunha mesma convocatoria, facilita e simplifica a tramitación para as familias, dado que só será preciso presentar unha única solicitude por centro e familia, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados nel. En consecuencia, a documentación só se ten que presentar unha vez. O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2019.
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto, terán a obriga de devolver os libros de texto e o materia reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2018/19; están excluidos desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
Documentación a presentar xunto coa solicitude:
Copia do Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar (Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, en 31 de decembro do 2017, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentar documentos tales como):
. Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde consta a atribución da custodia do/da menor.
. Certificado ou volante de convivencia. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia.
. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.