ENTROIDO 2016
O pasado venres día 5 de febreiro festexamos no noso centro o Entroido.
Todas as clases participaron nun desfile onde o tema principal foi "A Coruña", podedes ver os dous videos a continuación.
Os nenos e nenas de infantil disfrazáronse dos "señores e señoras" dos nosos barrios...
En primaria tivemos de todo: Peixes e animais marinos, pintores coruñeses, siareiros do Deportivo e do Basquet Coruña, pescadores e pescadoras, mariñeiros e mariñeiras...
En fin, que pasámolo moi ben todos xuntos!
E POR SUPOSTO MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, ESAS ORELLAS, ROSQUILLAS, FILLOAS ... DISFRUTÁMOLAS MOITÍSIMO!