Carreira ENKI

Estimadas familias:

Este ano, o noso colexio vai participar na carreira ENKI a favor da inclusividade das persoas con mobilidade reducida e para isto precisamos da vosa colaboración.

Cando participas na “ Carrera ENKI” no só estás a pasalo ben , tamén convives coa inclusión e axudas a visibilizala. Ademais, a túa aportación será destinada o 100% a proxectos inclusivos relacionados co ocio e co deporte, para que todo o mundo teña a oportunidade de vivilo.

 Animámosvos a participar con nós na carreira, que terá lugar o sábado 21 de outubro ás 16:00h.

Que teño que facer para conseguir o meu dorsal?

Achegarme ao cole en horario de 09:00 a 10:00h ou de 13:15 a 14:00h de luns a venres para inscribir ás persoas da miña familia que imos participar na carreira e pagar os dorsais.

Canto custan os dorsais?

O prezo xeral de cada dorsal é 8 euros.

Os menores de 10 anos e persoas con discapacidade pagarán 6 euros.

Para facer a inscrición é imprescindible pagar nese mesmo momento os dorsais que queirades reservar.

Ata cando podo apuntarme?

Dende mañá mércores 20 de setembro ata o mércores 12 de outubro. A partires do 12 de outubro formalizaremos as inscricións coa Asociación ENKI e enviarannos os dorsais ao colexio. Xa vos informaremos de como se fará a recollida.

Como teño que ir vestido?

Unha das característica que fan que esta carreira sexa única e moi divertida é que os grupos de participantes teñen que levar un disfrace común. E por iso nós iremos de súper heroes e súper heroínas.

Non é preciso mercar ningún disfrace nin ir todos iguais. Cada quen pode fomentar a súa imaxinación e creatividade.

Back to top