Emisión nº36

Benvidos e benvidas a unha nova emisión do noso Telexornal Escolar!

Queres estar ao día das últimas noticias do colexio?

TV-Inclán é a túa fonte de información para estar ao día de todo o que pasa no noso centro educativo. Entrevistas, eventos, actividades, deportes... Non te perdas nada!

Neste espazo atoparás:

  • Reportaxes informativas: Traémosche as novas máis relevantes do colexio.
  • Entrevistas: Falamos con alumnos, profesores e persoal do centro para coñecer as súas opinións.
  • Reportaxes especiais: Profundamos en temas de interese para a comunidade escolar.

Hoxe entrevistamos á nosa campioa Sofía

Non te perdas nin unha soa emisión!

Emisión nº35 Especial día da Muller

Comprácenos compartir con todos vós unha nova emisión do noso telexornal escolar! Nesta entrega, o noso alumnado traballou arduamente para traervos as últimas noticias e eventos destacados desde a perspectiva única da nosa comunidade educativa. 

Convidámosvos a mergullarvos no mundo informativo creado polos nosos e nosas grandes xornalistas. 

Non o podedes perder!

Emisión nº34

Deixámosvos unha nova edición do noso telexornal, cheo de novas. Traemos noticias frescas sobre o noso cole e o noso concello. Non podedes perdervos a gran entrevista que os nosos reporteiros realizaron a un pai dun alumno da clase amarela.

Acompáñanos nestes emocionantes eventos da nosa comunidade educativa! 

Desfruta desta nova edición.

Emisión nº33

Benvidas e benvidos a outra emocionante entrega de noticias frescas da TV-Inclán! Estamos emocionados de compartir un novo e fascinante vídeo que non quererás perder. Nesta edición, falaremos sobre a carreira solidaria que se celebrou no colexio. Ademais, mergúllache no mundo da esgrima coa visita da prestixiosa asociación de esgrima Centolos. 

Imos con esta experiencia informativa chea de inspiración e acción na TV-Inclán!

Descubrindo a Paixón pola Esgrima

Hoxe tivemos o privilexio de entrevistar a Manel Villadóniga, mestre de esgrima. Descubrimos como o seu amor pola elegancia e a estratexia levouno a dedicar a súa vida a esta arte.

Preguntamos ao profesor Manel sobre a súa viaxe cara a converterse en mestre de esgrima. Desde os seus primeiros días como aprendiz ata a decisión de compartir a súa paixón con outros.

Estade atentos ao vídeo, onde podedes ver a entrevista completa. 

Descobre o mundo fascinante da esgrima a través dos ollos dun auténtico experto! 

Grazas polas aportacións

Hoxe, representantes da Fundación Padres Rubinos de A Coruña, viñeron recoller as doacións voluntarias de alimentos e produtos de hixiene que levamos a cabo estes días para conmemorar o Día da Paz.

Este foi o resultado! (Pasa o rato pola foto para agrandala)

Grazas pola colaboración e a participación!!! Foi todo un éxito!

Emisión nº32

Descobre as últimas noticias no noso Telexornal Escolar de hoxe, onde vos sodes os protagonistas da información.

Celebra o Día da Paz correndo connosco na Carreira Solidaria, promovendo a amizade e a solidariedade. E prepárache para mergullarche na diversión do Entroido, con disfraces creativos e momentos cheos de alegría.

Non te perdas estes emocionantes eventos da nosa comunidade educativa! 

Desfruta desta nova edición.

Xornada de portas abertas

Estimadas familias, 

O vindeiro venres 1 de marzo ás 17:00h e, coincidindo co período de solicitude de prazas nos centros educativos para o curso 2024-2025, convidamos ás familias interesadas a visitar o noso Centro e aproveitaremos para aclarar calquera cuestión relacionada co funcionamento e organización do mesmo.

Un saúdo

O Equipo Directivo 

                                                 

Distribuir contido

Back to top