Documentos de interese
SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23
Onte, 06-07-22, publicouse o novo regulamento do servizo de comedor escolar no BOP, así que mañá, 08-07-22 ábrese o prazo para poder solicitalo.
Entre os cambios que se recollen, figura que se abrirá un primeiro prazo para reserva de praza , que será desde o 8 de xullo ata o 17; e un segundo prazo para as persoas que acoden por primeira vez, que irá desde o 18 ao 28 de xullo.
A solicitude hai que presentala a través da sede electrónica do concello (https://sede.betanzos.gal/opencms/es/) onde, a partir de mañá, estará recollida toda a información, igual que na páxina web (https://betanzos.es/).
FONDOLIBROS, AXUDAS LIBROS E AXUDAS MATERIAL PARA PRIMARIA
Premendo na imaxe, pode ver no listado se lles foi concedida a axuda de libros de texto, a axuda de material ou o Fondolibros, segundo o nivel de Primaria que vai cursar o/a seu/súa fillo/a o curso 2022-2023.
Para iso, ten que localizar o nivel e o código que lle foi asignado cando realizaou a solicitude (está na fotocopia da solicitude que lle foi entregada).
A lista PROVISIONAL de Fondolibros para 3º e 4º de Primaria foi publicada o mércores, 06-07-2022 e a lista DEFINITIVA (indicando cales son os libros concedidos) será publicada o luns, 11-07-2022. Os libros serán entregados en setembro.
Os vales de libros de texto e os vales de material concedidos, serán entregados entre o 11 e o 15 de xullo, previa cita telefónica no 881880237. Terá que recollelos a persoa solicitante ou persoa debidamente autorizada por ela por escrito.
PROMOCIÓN 2019-22 INFANTIL
E… por fin chegou o día da vosa festa tan merecidaaaaa!!!!!
Agardamos de todo corazón que o voso paso por Primaria sexa tan feliz e produtivo como o foi en INFANTIL.
Deixade voar a vosa imaxinación, que aquí, no VALES, ensinamos co corazón.
Feliz verán e unha vez máis GRAZASSSS e ata sempre.
Para ver a presentación, prema na imaxe.
PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023
O prazo para formalizar a matrícula para o alumnado que se incorpora no curso 2022-2023 ao colexio será do 20 ao 30 de xuño.
É necesario solicitar cita no número 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal
1. Información sobre a matrícula.
2. Anexo III (Solicitude de Matrícula).
3. Documento de lingua materna (só para 4º de infantil).
Se non se entregou ao facer a solicitude:
5. Solicitude de Transporte Escolar..
6. Solicitude de Transporte Escolar Excepcional.
Documentos de interese para o alumnado de 4º de infantil:
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
O prazo para presentar as solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño.
As consultas atenderanse por teléfono (881880237) ou por correo electrónico (ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal).
Para realizar o trámite presencialmente será necesario solicitar cita no mesmo teléfono (881880237).
Para ver o resumo de toda a información, prema AQUÍ.
Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.
Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »