Actividades
Rincón "No Vales en Galego"
En cada corredor do noso centro temos un rincón para expoñer traballos con textos en galego, con slogans invitando á lectura en galego, receitas de cociña do outono e recomendacións de libros en galego, explicando o motivo de tal recomendación.
Exposición de froitos secos
Durante este outono polo noso centro ten lugar unha grande cantidade de exposicións de froitos secos, como a que podemos ver, e que son de grande utilidade para que os mestres desenvolvan moitas actividades didácticas cos seus cativos.
Certame "Choven letras de Lois Pereiro"
Participamos coa páxina web "Choven Letras de Lois Pereiro" no certame convocado pola Fundación Caixa Galicia, nela atoparedes o xogo "Xogando con Lois", os crebacabezas cos murais feitos polos alumnos para o Día das Letras Galegas, a música de Fiandola,...
Felicitación de Nadal dos nen@s do colexio
Os nenos fixeron entre todos a felicitación de Nadal deste ano.
Mirade que cousa mais chula nos quedou!!
A música está tocada e cantada polos nenos da banda do colexio dirixida por Francisco López.