Actividades

Pura Galán e Neira Vilas no Vales Villamarín

PURA GALÁN E NEIRA VILAS NO VALES VILLAMARÍNA Coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística da Coruña, Pura Galán Boutureira visitou o Vales Villamarín na xornada do día 24 de maio para asistir ás representacións teatrais que o alumnado deste centro lle ofreceu ao escritor Neira Vilas.

No blogue da biblióteca "A visita de Neira Vilas"

Vídeos en pantalla completa.

 

 

Publicado por macape

Concerto didáctico titulado Xira máxica

O día 14 para o alumnado de 3º e 4º curso dúas sesións. Concerto didáctico titulado Xira máxica, por conta do músico Roi Casal e a cantante Silvia Ferre, en dúas sesións. Organiza Concello de Betanzos.

 Axenda cultural do mesde maio do Concello de Betanzos

Clica na imaxe para ver o vídeo

ROI CASAL

Publicado por macape

Galicia, país das letras

O día 9 para o alumnado de 5º curso sesión Sesión de obradoiro titulada GALICIA, PAÍS DAS LETRAS pola compañía Xandobela. Organiza Concello de Betanzos.

Clica nas imaxes para ver unha mostra da actividade

Axenda cultural do mesde maio do Concello de Betanzos

Galicia, país das letras

Pautas para comezar a actividade de teatro

ACTIVIDADES XANDOBELA

ACTIVIDADES XANDOBELA

Outro vídeo da actividade de teatro


Publicado por macape

Lembranzas de Vidal Bolaño

O día 8 para o alumnado de 6º curso sesión de contacontos titulada Lembranzas de Roberto Vidal Bolaño pola compañía Xandobela. É parte do proxecto NA VOZ DA XENTE.

Organiza Concello de Betanzos.

Unha pequena mostra da estupenda e acertada actuación de Brais e Xavier.

Clica na imaxe para ver o vídeo.

Axenda cultural do mesde maio do Concello de Betanzos

XANDOBELA LEMBRANZAS VIDAL BOLAÑO

Publicado por macape

Recuperando os maios

Non nos gustaría esquecer esta tradición tan fermosa que chega no mes de Maio onde todos os cativos viven un momento moi especial.Tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria, os nenos viviron un momento estupendo facendo unha chea de cantigas coa chegada do mes de Maio e ademais disfrutaron moitísimo adornando os distintos espazos do centro.Qué ben o pasaron!

Clica na imaxe para ver o vídeo

RECUPERANDO OS MAIOS

Maios humanos ou da Festa do Maio de Vilafranca do Bierzo

Canción: AHI VEN O MAIO-Curros Enríquez - Luis Emilio Batallán

"Escola de Gaitas de Villafranca" e voluntarios.

Publicado por macape

Contos das estacións. Dúo Conta e Canta

O día 19, e organizado polo Concello de Betanzos, tivo lugar unha actividade de contacontos musicado e con sombras chinesas titulado "Contos das estacións" do grupo Conta e Canta.

Un anaco da representación. Aquí podes ver algo máis.

Clica na imaxe para ver o vídeo.

CONTOS DAS ESTACIÓNS

Publicado por macape

CALENDARIO 2013

XA PODEDES DESCARGAR O CALENDARIO 2013.


MOITÍSIMAS GRAZAS POLA INMENSA PARTICIPACIÓN.


ESTE ANO A TEMÁTICA DOS CALENDARIOS FORON AS CELEBRACIÓNS DE BETANZOS (GLOBO DE BETANZOS, OS CANEIROS, AS FEIRAS, A VENDIMA).


APROVEITAMOS XA PARA DESEXARVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANINOVO DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.


UN SAÚDO.

CALENDARIO 2012

               Ola a todos e todas! Xa está aquí o esperado calendario 2012! Antes de nada dar as grazas en nome do Equipo de Dinamización da Lingua Galega polo interese prestado e por participar!


Este ano o calendario ten unha temática natural, os alumnos e alumnas debían debuxar as flores e os froitos dunha serie de árbores autóctonas. Esperamos que aprenderades moito e xa saibades máis da natureza que nos rodea. Esta é so unha pequena mostra das dotes artísticas dos nosos pequenos (para descargalo picade na imaxe ou abaixo de todo onde pon archivo adxunto)



Pois relacionado co calendario e para para que desfrutedes un pouco das follas e dos froitos das nosas árbores propoñémosvos actividades como as seguintes en familia, pasaredes un bo rato e desfrutaredes creando


.



Estas deliciosas recetas están sacadas do blog de educación infantil de LOYCA, se queredes ver máis picade AQUÍ.


Iso si, unha recomendación, mentras as facedes falade a nosa lingua! Porque... se non queremos perdelo, temos que falar un pouquiño galego!


Tamén vos deixamos aquí uns xogos on line! Veredes que divertidos! Podedes formar caras con follas, animais imaxinarios.. E no das froitas podedes poñer as vosas caras nas mazás, nas peras... Picade nas imaxes para ir a eles!


  


E falando de follas, froitos... árbores... Xa puxéstedes a árbore de Nadal? Supoñemos que si! Pero... sabedes porque se pon? Se ledes a seguinte historia poderedes resolver este pequeno enigma.


 


Agora que xa sabedes o porqué de poñer a árbore... Podedes facer a vosa propia on line  picando nas imaxes. A ver se vos quedan ben chulas! 


                                          

Samaín

O Samaín foi unha boa ocasión onde os nosos alumnos de Educación Infantil fixeron unha gran cantidade de actividades didácticas.Samaín

Exposición de froitos secos

Durante este outono polo noso centro ten lugar unha grande cantidade de exposicións de froitos secos, como a que podemos ver, e que son de grande utilidade para que os mestres desenvolvan moitas actividades didácticas cos seus cativos.


Exposición de froitos de outono

Distribuir contido