Novas

Contidos recentemente publicados nesta web

CHARLA PARA AS FAMILIAS

Dentro do programa "Adiante co Botrato!", o venres 22 de Novembro ás 19:30 horas desenvolverase no salón de actos do CEIP Francisco Vales Villamarin , unha charla para familias sobre a prevención da violencia machista e a coeducación. A ANPA Brigantium convida a asistir á charla para aprender xuntos a educar en igualdade e previr a violencia machista.

Para máis información, poden consultar a web da ANPA

http://anpabrigantium.com/

OBRADOIRO

O Concello de Betanzos, no seu afán de apostar polas políticas de igualdade e de apoio ás familias, convídavos a participar na actividade Machismos sen Miopías, organizada pola Deputación de A Coruña, na que se tratará o tema da pornografía dende o punto de vista educativo, de cara a previr situacións e condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes.

Esta actividade enmárcase dentro da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e vai dixidida a toda a veciñanza.

 

O obradoiro terá lugar os días 19 e 26 de novembro, de 16:30 a 19:00, no Edificio de Servizos Sociais, sito na Praza do Emigrante s/n.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Premendo na imaxe, pode consultar as actividades extraescolares que se inician no próximo mes de outubro.

Algunhas actividades que estaban na proposta inicial, non poderán realizarse porque non se formou grupo.

Resultado de imaxes para actividades extraescolares

REUNIÓNS DE FAMILIAS

Resultado de imagen de REUNIÓN DE FAMILIAS

IMPORTANTE: HOUBO CAMBIOS NO CALENDARIO DE REUNIÓNS. LAMENTAMOS AS MOLESTIAS!

As reunións con familias dos diferentes niveis serán nas datas e horario que se indica no seguinte cadro.

CURSO

DATA / HORA

4º EI

22-10-2019 / 17:00

5º EI

24-9-2019 / 16:00

6º EI

1-10-2019 / 16:00

1º EP

29-10-2019 / 16:00

2º EP

15-10-2019 / 16:15

3º EP

8-10-2019 / 17:30

4º EP

15-10-2019 / 17:30

5º EP

24-9-2019 / 17:30

6º EP

1-10-2019 / 17:30

Distribuir contido