Skip to Content

Secretaría

Listaxes definitivas de FONDOLIBROS e AXUDAS para LIBROS e MATERIAL ESCOLAR

Comunicámoslles que están expostas no taboeiro do colexio as listaxes definitivas do servizo de préstamo de FONDOLIBROS e as AXUDAS económicas para os LIBROS e MATERIAL ESCOLAR.

Así mesmo, comunicarlles que poden recoller os vales ata o vindeiro venres 21 inclusive en horario de 10:00 a 13:00 en secretaría. De non poder vir neste horario, poderanse recoller en setembro.

Listaxes PROVISIONAIS de fondolibros e das axudas para os libros de texto e o material escolar

Adxuntamos as listaxes PROVISIONAIS de fondolibros e das axudas de libros de texto e material escolar:

         - FONDOLIBROS admitidos no proceso: libros de préstamo existentes no colexio para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Para descargar pinche aquí 

         - FONDOLIBROS excluídos no proceso: libros de préstamo existentes no colexio para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Para descargar pinche aquí 

         - AXUDASLIBROS: vales para a compra de libros de texto para os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria. Para descagar pinche aquí 

         - Axudas para o MATERIAL ESCOLAR: destinadas a todo o alumnado de Educación Primaria. Para descargar pinche aquí 

 

A próxima semana sairán as listaxes definitivas e abriremos o prazo para vir recoller os vales.

Libros de texto 2017-2018

Adxuntamos os libros de texto para o vindeiro curso escolar 2017-2018.

Para descargar o documento pinche aquí

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA 2017 / 2018

Estimadas familias,
         
           Lembrámosvos que dende o día 20 ata o 30 de xuño estará aberto o prazo para a formalización da matrícula de cara o ano próximo para alumnado de novo ingreso.


           A documentación precisa é a seguinte:

  • Anexo III (documento adxunto) cuberto
  • DNI (da alumna ou alumno no caso de que o teña e non fora presentado previamente)
  • Fotocopia do libro de familia (no caso de que non fora presentado previamente)
  • Fotocopia da tarxeta da seguridade social ou seguro equivalente
  • Fotocopia do libro de vacinación
  • 2 fotografías tamaño carné

Libros de texto

Lembrámosvos que está aberto o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Podedes descargar aquí o Anexo-I

Novo teléfono no centro

Dende hai uns días, xa funciona a nova numeración telefónica do noso centro escolar.

Se queredes chamar ao centro, deberedes marcar o 886.11.02.71 para poñervos en contacto coa secretaría do mesmo.

Esta numeración nova podédela atopar tamén nos apartados desta páxina web "CENTRO --> Localización" e "CENTRO --> Secretaría".

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR LIBROS DE TEXTO

Publicouse a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso escolar 2016/2017.

O prazo para presentar as solicitudes abrangue dende o 19 de maio ata o 23 de xuño. Máis información e descarga de solicitudes na páxina web do cole, na secretaría do centro ou premendo aquí.

Tanto para solicitar as axudas como para acollerse ó fondo solidario, é obrigatorio devolver no centro os libros mercados con cargo ó vale e empregados no presente curso. Estes libros terán que ser entregados ó titor/a en bo estado o día 17 de xuño.

 

Para ler a Orde do 27 de abril de 2016, premer aquí.

Para descargar a solicitude, premer aquí.

Información e descarga da solicitude dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Premer aquí.

Xustificación de faltas de asistencia

Podedes descargar no apartado de Secretaría o xustificante de faltas de asistencia que haberá que cubrir cada vez que un neno ou nena falte ó centro escolar, salvo que presentedes o xustificante médico correspondente.

Xustificante de faltas --> descargar aquí.

 

HORARIO de atención ó público

O horario de secretaría de atención ó público é:

Luns, martes, mércores e venres de 12:30 a 13:30 horas.

Xoves de 13:45 a 14:30 horas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut