Skip to Content

Día da PAZ 2015

Hoxe, 30 de Xaneiro de 2015, conmemoramos no noso centro o DÍA DA PAZ.

 

Ademais de diversas actividades que traballamos ó longo da semana, como aprender unha canción coa súa coreografía, como a elaboración dunha árbore feita con sal de cores, na que lle puxemos as pegadas das nosas mans tamén en cores, etc., hoxe, despois do tempo de recreo, xuntámonos todos/as na entrada do centro para cantar a canción "I've got peace in my fingers" (xa vos ensinaremos o vídeo próximamente!).

 

A continuación, na biblioteca, vimos o vídeo que fixemos ó longo da semana na que os nenos/as do colexio definimos o que é para nós a PAZ. Podedes ver o vídeo rematado pulsando aquí. Gustounos moito!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Finalmente cantamos outra canción-karaoke en inglés e demos por rematada a celebración conxunta do Día da PAZ.



page | by Dr. Radut