O xoves 28 de outubro, na biblioteca do centro, unha amiga moi especial contou a todos os nenos e nenas como se celebraba o Samaín en Tirán, cando ela era pequena. Os cativos prestáronlle moita atención e foron cautivados pola historia, contada por Mariluz, a quen eles coñecen moi ben.
O día da celebración do Samaín e Halloween, organizáronse obradoiros nos que se repartiron aos nenos/as en grupos cun alumno maior encargado dos pequenos.
OBRADOIROS para aprender a facer o gorro da "Witch" ou bruxa, que poideron levar para casa.
OBRADOIROS para crear MARCAPÁXINAS e facer voar a imaxinación, ca vasoira da bruxa.
OBRADOIROS DE MAQUILLAXE nos que tanto mestras coma cativos divertíronse do lindo.
¡Que ben quedaron as piñatas!
Todos os nenos e nenas organizados en grupos crearon e decoraron a súas piñatas, que logo se encheron dos seus doces favoritos...
...Para despois rompelas e apañar canto máis mellor.
QUE MEDOOOOO!!!!
Ao colexio chegou unha grande araña moura, que controlou todos os acontecementos dende a súa tea...
Non se sabe como chegou alí o esquelete do cole "Manolito"...
Bueno, despois do Magosto a faremos desaparecer.
Todo estaba preparado para dar conta dos doces que as familias prepararon, coma todos os anos. Degustáronse antes de romper as piñatas, que porían fin a tan divertido e tétriiiico día.