Día da PAZ 2016
O vernes 29 de xaneiro celebramos no noso centro o Día da PAZ.
Despois do recreo reunímonos na entrada do centro para cantar xuntos "Heal the world".
A continuación, os nenos/as de primaria remataron un mapa mundi significativo daqueles lugares onde non hai paz, e os nenos/as de infantil colgaron un mural feito por eles/elas para conmemorar este día.